10 de abr. de 2024

A GUARDA

O COLOR RAIN FESTIVAL CELEBRARASE NA GUARDA

 O día 29 de xuño de 2024




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de facer público a seguinte nota:

 Ide reservando nas vosas axendas o próximo 29 de xuño, porque nesa data terá lugar o Color Rain Festival, un evento que mesturará deporte e diversión. 

 Poderase desfrutar de música, zonas de animación e dinamización, zumba e así como de outras moitas sorpresas.  

 Ademais, o Color Rain Festival terá unha cara solidaria a favor do Proxecto FoGaReS SaNXe.

 As inscricións abriranse o próximo mércores 17 de abril ata o 31 de maio na páxina web: www.colorrainfestival.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario