Exposición dos alumnos de Águeda Suárez na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
Este sábado 13 de abril, ás 12:00 horas, na Casa dos Alonso, sede do Concello de A Guarda, inaugurarase unha nova mostra pictórica na que se exporán os traballos dos alumnos de Águeda Suárez Vicente, mestra de debuxo e pintura no Baixo Miño dende fai mais de trinta anos.
Na exposición colectiva poderemos ver unha ampla variedade de técnicas que incorporan os estilos e temáticas persoais de cada alumno.
A mostra poderá visitarse no andar baixo da Casa do Concello ata o vindeiro 27 de abril, de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres; e de 11:00 a 13h., os sábados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario