10 de abr. de 2024

A GUARDA

Sobes ao Autobús do teatro?  

 A proposta do Centro Dramático Galego para que a veciñanza de toda Galicia poida acudir a súa gran estrea deste ano  




Infogauda / A Guarda

 O Centro Dramático Galego (CDG) celebra neste 2024 o seu 40 aniversario e para celebralo quere achegar a tódolos galegos que así o desexen ata o Salón- Teatro de Santiago para poder ver a súa última produción: Os actos e as profecías.  

 Os actos e as profecías é a gran produción central do CDG deste ano, unha comedia que inventa un universo alrededor dos concursos de talentos, que contará cun elenco de 20 actores e actrices baixo dirección de Tamara Canosa, acompañada na dramaturxia por Xacio Baño. A obra que se estrea este xoves día 11 de abril, estará en cartel ata o vindeiro 26 de maio, e durante este mes e medio o CDG habilitará un autobús dende os distintos puntos de Galicia para poder asistir. 

 Os veciños de A Guarda que desexen asistir, poderán subirse ao autobús o mércores 15 de maio. O bus partirá ás 15:00 horas do Centro Cultural para poder chegar a función das 18:00 horas. A actividade ten un custe total de 3€, e os interesados deben anotarse antes do 15 de abril no Departamento de Cultura do Concello, no correo electrónico cultura@aguarda.es  ou chamando ao teléfono 986 610 000.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario