18 de abr. de 2024

A GUARDA

FÚTBOL  

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ A U. D. RIBERA  

  Este domingo, 21 de abril, ás 17:00 horas, no  Estadio Municipal A Sangriña (A Guarda)




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda 

 Logo de vencer pola mínima (1-0), ao Goián, C.F., na xornada 28, e dese xeito, voltar a recuperar o liderado da clasificación; o Sporting Guardés tamén colleitou unha ampla vitoria (0-4), na xornada 29, no feudo do Nieves, C.F., o que lle permitíu poñerse con tres puntos de vantaxe respecto ao Gondomar, C.F., segundo clasificado na táboa, e seis, respecto ao Erizana C.F., que atópase na 3ª praza. 

 Con todo, na xornada 30, correspondente ao domingo día 21 de abril, o Sporting Guardés enfrontarase a U.D. Ribera. Será ás 17:00 horas, no Estadio Municipal A Sangriña. 

 O equipo visitante, situado no posto 12º da clasificación, leva producido 36 puntos, como consecuencia de haber logrado 10 vitorias e 6 empates, e haber encaixado 13 derrotas. 

 No que respecta a goles, a U.D. Ribera anotouse 48 a favor e recibíu 50 en contra. 

 Dito isto, no encontro deste domingo, como é natural, pode acontecer calquer resultado.  

 En calquer caso, quedan cinco xornadas en total, e ainda que o Sporting Guardés ten feitos os deberes ao longo da temporada 2023-2024, sería de celebrar que lograse permanecer liderando á táboa. Por iso, o encontro do domingo non é un máis, especialmente polo que conleva de rivalidade deportiva. Polo tanto, toca poñer todo o empeño para procurar - deportivamente falando -, que os puntos en xogo queden no feudo local. 

 Pola súa banda, a U.D. Ribera vai vir ata A Guarda co mellor ánimo, para tratar, lexítimamente, de sorprender ao Sporting Guardés, e dese xeito manterse na posición actual, toda vez que despois deste domingo, ainda lle quedan os encontros fronte a U.D. Mos, Erizana C.F., U.V.C.D. Candeán e C.D. Caldelas. 

 Iso contribúe a que o partido Sporting Guardés U.D. Ribera teña todos os alicientes, para as respectivas afeccións, porque sen dúbida vai ser unha fermosa tarde de fútbol comarcal, que en definitiva, diso é do que se trata.

 Asemade, por iniciativa da xunta directiva do Sporting Guardés, no descanso do encontro farase unha homenaxe a Manuel Alonso Alonso, colaborador e seareiro incondicional do Sporting Guardés, que faleceu o día 23 de febreiro de 2024, aos 86 anos de idade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario