23 de feb. de 2024

OBITUARIO

FALECEU MANUEL ALONSO ALONSO


Fotos: Sporting Guardés

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 No día de hoxe, venres 23 de febreiro de 2024, faleceu Manuel Alonso Alonso, que contaba 86 anos de idade.
 
 Manuel - coñecido por todos como Manolo -, de alcume "Fulano", e que traballou de pescador - tanto no mar como no río Miño - ata súa xubilación, era un animoso veciño e un gran conversador. Asemade, lembrámolo como un destacado seareiro e colaborador do Sporting Guardés. Por todo iso, entre outras razóns, hoxe é un día triste para os seus - especialmente para súa dona Cielo Sesto Álvarez; fillos e demais familia - e tamén para todas as persoas que tivemos oportunidade de tratalo ao longo de moitos anos.

  O funeral por Manuel Alonso Alonso terá lugar este sábado, día 24 de febreiro, ás cuatro e media da tarde, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, e posteriormente recibirá sepultura no cemiterio de A Guarda.
 
 Sit tibi terra levis. 
  
 Que a terra che sexa leve, amigo Manuel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario