23 de mar. de 2024

OIA

O Concello de Oia continúa coa súa aposta pola compostaxe doméstica 




Infogauda / Oia

 O Concello de Oia continúa coa súa aposta pola compostaxe doméstica, unha práctica que resulta clave para reducir a xeración de residuos no municipio e, polo tanto, poder diminuír o impacto ambiental.  

 Os residuos orgánicos representan practicamente o 50% da bolsa do lixo das galegas e galegos. Coa práctica da compostaxe lógrase un descenso da pegada de carbono xerada polos residuos, ao mesmo tempo que, facendo uso do material xerado nos composteiros, cada casa pode obter un excelente abono dun xeito moi sinxelo.  

 Dentro do seu programa de compostaxe doméstica, o Concello de Oia anima a toda a veciñanza que dispoña dun pequeno terreo a autoxestionar os seus residuos orgánicos. Así, vén organizando accións de reparto de composteiros para que a veciñanza poda instalalos nas súas casas. Xunto coa entrega do composteiro, a campaña inclúe materiais e asesoramento gratuíto.  

 Para conseguir un composteiro doméstico simplemente hai que inscribirse a través na ligazón https://oia.rsu.gal/ Para máis información pódese consultar presencialmente no Concello, chamar ao teléfono 647 521 464 ou ben enviar un correo electrónico a residuos@concellodeoia.es  

 Esta iniciativa conta co financiamento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Ningún comentario:

Publicar un comentario