5 de mar. de 2024

GOIÁN (TOMIÑO)

O Corno, que acadou a Concha de Ouro en San Sebastián e un Premio Goya, no cineclub Poleiro 

 O xoves 7 de marzo, ás 20:30 horas, no auditorio de Goián




Rita Alonso / Goián

 Este xoves, 7 de marzo,  ás 20:30 horas, no auditorio de Goián, proxectarase O Corno dirixida por Jaione Camborda.    

 Con poucas palabras, moitos detalles, un tema como a natalidade e o aborto nunha sociedade agobiante para a muller, a directora Jaione Camborda tece un drama moi coidado en canto á realización técnica e artística, dende a primeira secuencia, un parto.  

 Un drama ambientado nos anos 70 na Illa de Arousa que conta a historia dunha mariscadora que axuda nos partos. Un suceso inesperado pon patas arriba a súa vida. Algo se torce e ten que fuxir a Portugal polas rutas dos contrabandistas.  

Premios

 Concha de Ouro no Festival de San Sebastian.  

 Premio Goya 2024 á mellor actriz revelación, á  Janet Novás, bailarina do Porriño.   

Ninjababy

 O xoves 4 de abril, Ninjababy dirixida por Yngvild Sve Flikke.   

Scarlet

 O xoves 9 de maio chegará Scarlet, dirixida por Pietro Marcello. Un drama romance que conta a historia dunha nena apaixoada pola música que agarda que se cumpra unha profecía que a levará lonxe. Adapta unha novela gráfica.    

 Pechará o ciclo, o 6 de xuño, unha comedia dramática multipremiada, a finlandesa Fallen Leaves, de Aki Kaurismäki. Aborda o emprego a soedade, e o alcoholismo nunha particular relación de parella.  

 As proxeccións son ás 20:30 no Auditorio de Goián.

Ningún comentario:

Publicar un comentario