4 de mar. de 2024

A GUARDA

Semana Santa Concilia 

O Concello de A Guarda abrirá o día 11 de marzo o prazo para as actividades de Semana Santa 2024




Infogauda / A Guarda

 Semana Santa Concilia é a proposta do Concello de A Guarda para esta Semana Santa 2024. Trátase de obradoiros de ocio e tempo de lecer para crianzas. Son de carácter gratuíto e teñen como obxectivo principal facilitar a conciliación da vida persoal e laboral no período non lectivo. 

DATAS, HORARIO E LUGAR DE REALIZACIÓN DOS OBRADOIROS

 Os obradoiros terán lugar os días 25, 26, 27 de marzo, e 1 de abril, en horario de 9 a 14 horas. No caso de necesidade das familias, poderá facerse un horario de 8:30 a 14:30 (terá que especificarse na solicitude). 

PARTICIPANTES

 30 crianzas con idades comprendidas entre os 3* e os 10 anos, empadroadas no concello de A Guarda.** 

*As crianzas de 3 anos teñen que estar escolarizadas (4º de Educación Infantil). 

**No caso de quedar prazas vacantes poderán participar crianzas doutros concellos. 

 No caso de adquirir praza e ter unha discapacidade ou patoloxía, presentarase informe do EVO e/ou informes complementarios da necesidade de apoio necesaria.  

INSCRICIÓNS

 Presencialmente no Rexistro do Concello da Guarda ou na sede electrónica (https://aguarda.sedelectronica.gal) desde o 11 e ata o 18 de marzo. No caso de presentación electrónica será preciso cubrir unha instancia xeral e achegar cuberta a ficha de inscrición  que se pode atopar na web do Concello de A Guarda. 

 Se as inscricións superan o límite de prazas, realizarase un sorteo público o día 20 de marzo ás 10:00 h no Concello da Guarda  

 A listaxe de persoas admitidas será publicado na web do Concello e aparecerá codificado co número de rexistro da solicitude, polo que resulta importante conservar o comprobante da presentación da mesma. 

 Esta actividade está financiada  con cargo aos créditos da Consellería de Promoción de Emprego e igualdade e polo Ministerio de Igualdade.

 Máis información en informacion@aguarda.es  na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ou no Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de A Guarda.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario