A ASOCIACIÓN NATURALISTA "BAIXO MIÑO" (ANABAM) PUBLICOU O BOLETÍN "CARRIZAL", Nº 18 - ÉPOCA II
• Correspondente ao bimestre marzo/abril, 2023
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Como xa indicamos na crónica do pasado día 7 deste mes, a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), vén de publicar os boletíns "Carrizal", correspondentes aos seis bimestres de 2023 e o primeiro bimestre de 2024.
Dado que xa demos conta do "Carrizal", nº 17 - Época II, hoxe imos referirnos ao contido do nº 18, correspondente a marzo/abril de 2023, que na súa portada leva un exemplar de Erica cinerea, fotografía da autoría do fotógrafo naturalista Luis Dorado Senra, de O Rosal, que reflicte a beleza da carrasca, arbusto que nesta altura faise notar, pola súa cor característica, nalgúns lugares dos nosos montes.
Nas páxinas interiores, ademais de figurar a composición da xunta directiva de ANABAM; datos de contacto coa asociación; importes das cotas de socios/as, etc., vemos os seguintes traballos:
• Inventario da flora dunar das praias do norte portugués, por Alba Pereira Méndez.
• Meta menardi?, por Agustín Ferreira Lorenzo.
• Fábrica serradoiro da Armona - Camposancos, por José Antonio Uris Guisantes.
• Análise de métodos empregados pola poboación para a captura da Vespa velutina, por Pedro Vicente Bautista.
• Censo de Anduriña de cu branco (Delichon urbica) nos concellos de Tui e Valença do Minho, por Raquel Alonso Rodríguez e Javier Nieto Iglesias.
• Cousas de ANABAM:
- Saídas ao campo.
- Rescatado un arao papagaio.
- Dende Baiona un corvo mariño.
- Fotografías de Luis Dorado nun calendario do Rosal.
- A avespa das acacias.
- Apuntes da nosa historia: Primeiras Xorndas sobre protección de Zonas Húmidas.
Tamén figura un resumo das actividades realizadas en xaneiro/febreiro 2023.
Como se indica nesta interesante publicación, impresa en papel reciclado, e que os socios de ANABAM reciben de balde; "Carrizal" conta cunha subvención económica do Concello de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario