12 de feb. de 2024

PONTEVEDRA

Eleccións ao Parlamento de Galicia  

Abel Losada anuncia que un dispositivo de máis de 2.200 axentes garantirá a seguridade na xornada electoral do 18F na provincia  

 O subdelegado pon en valor a implicación das Forzas e Corpos de Seguridade para favorecer o perfecto funcionamento da engrenaxe electoral e garantir así a cita coas urnas 


Abel Losada, subdelegado do Goberno en Pontevedra

Infogauda / Pontevedra 

 O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada informou hoxe do dispositivo a cargo das Forzas e Corpos de Seguridade estatais, autonómicos e locais para garantir a seguridade na xornada electoral do próximo domingo 18 de febreiro. En concreto, 2.277 efectivos traballarán para garantir a normalidade no exercicio do dereito ao voto o día das eleccións ao Parlamento de Galicia.  

 Na provincia de Pontevedra, a Garda Civil despregará 1.180 axentes e a Policía Nacional, outros 819 axentes. Pola súa banda, a Unidade de Policía Adscrita da Policía Nacional sumará 38 efectivos e, finalmente, os distintos corpos de policía local, 240.  

 O subdelegado resaltou que con este amplo despregamento “búscase garantir o exercicio dun dereito fundamental, como é o dereito ao voto, así como o bo desenvolvemento da xornada electoral”. Así mesmo, lembrou que o dispositivo que fai posible as eleccións municipais é amplo e implica a moita xente, tanto funcionarios como forzas de seguridade e cidadáns e cidadás. Por iso, trasladou o seu agradecemento á todas as persoas que farán posible que as eleccións discorran con normalidade na nosa provincia

 O operativo das Forzas e Corpos de Seguridade permitirá garantir a seguridade nos colexios electorais dende primeira hora da mañá e ata que se faga público o reconto dos votos. 

 Para facer posible esta cita coas urnas nos 61 municipios da provincia, constituiranse 1.343 mesas distribuídas en 661 locais electorais. Nelas poderán votar os 773.522 electores e electoras residentes na provincia (CER,), do total das 911.704 persoas que compoñen o censo electoral en Pontevedra. As 138.182 persoas restantes son residentes no estranxeiro (CERA). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario