22 de feb. de 2024

A GUARDA

A Guarda vai acoller un itinerario formativo de 120 horas de duración para a dixitalización de mulleres

 As mulleres que rematen todo o ciclo de formación recibirán un ordenador portátil e un título acreditativo



Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda colabora no Programa de Formación para a dixitalización de mulleres Galegas Dixitais, acollendo 3 módulos de formación que darán comezo o 11 de marzo e durarán ata o 25 de abril de 2024. A formación realizarase na Guarda en horario de 09:00 a 14:00. 

 Esta acción é unha formación gratuíta dirixida a mulleres da Guarda orientada á mellora das capacidades dixitais, ao aumento das posibilidades na procura de emprego e na adquisición dos coñecementos en novas tecnoloxías precisos para o día a día e tamén para o autoemprego.  

Módulos: 

• Competencias dixitais básicas: Coñecementos dixitais para o día a día (40h). 

• Competencias dixitais avanzadas: Coñecementos dixitais para o traballo (40h). 

• Competencias dixitais para o empredemento: Coñecementos dixitais para o negocio (40h). 

 O día 4 de marzo haberá unha reunión informativa ás 11 da mañá, para resolver dúbidas sobre toda esta formación.  

 As mulleres que rematen todo o ciclo de formación recibirán un ordenador portátil e un título acreditativo.  

 As inscricións poderán facerse no teléfono 986 610 000, na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de A Guarda, ou tamén na web http://galegasdixitais.es/


Ningún comentario:

Publicar un comentario