O Concello de A Guarda publica a licitación de dous novos postos para a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira
Infogauda / A Guarda
Tralo bo resultado da última edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, o Concello de A Guarda e os postos participantes acordaron ampliar a oferta gastronómica con dous novos postos: un posto adicado á repostería e outro posto adicado a promoción e venda, preferentemente de mariscos e outros produtos procedentes da pesca e da acuicultura (restaurante).
A tramitación realízase mediante a licitación a través da plataforma de contratación del sector público do Estado, dispoñible no perfil do Concello de A Guarda (código do expediente 3218/2023).
Prazo de presentación ata 26 de febreiro ás 23:59h.
Trátase dun procedemento aberto e de carácter ordinario cunha duración dun ano (2024) e prorrogable por outro máis (2025). Este procedemento establece un prezo anual, que poderá ser mellorado á alza por licitador, para cada posto:
• 350 € para o posto adicado á repostería
• 750€ para o posto de promoción e venda preferentemente de mariscos e outros produtos procedentes da pesca e da acuicultura (restaurante).
As persoas interesadas en participar nesta licitación deberán tramitar a través da plataforma de contratación pero a continuación inclúese a documentación para a súa descarga e facilitar o seu coñecemento:
• Anuncio da licitación
• Documento de prego
• Prego cláusulas administrativas
• Prego prescricións técnicas.
Contacto:
Rosalía Verde Pérez no teléfono 620 795 901 ou correo electrónico a: turismo@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario