30 de xan. de 2024

GOIÁN (TOMIÑO)

O director palestino Elia Suleiman abre o novo ciclo do Cineclub Poleiro con It Must Be Heaven, unha película para rir e pensar  

 O xoves, 1 de febreiro, ás 20:30 no auditorio de Goián




Rita Pérez Alonso / Goián 

 O xoves, 1 de febreiro, ás 20:30 h, no auditorio de Goián, comeza o Ciclo de primavera do Cineclub Poleiro con It Must Be Heaven (De súpeto, o Paraíso) do director máis importante das últimas décadas en Palestina, Elia Suleiman.    

Sinopse:  

 Suleiman é a personaxe principal e narra a historia. Sae de Palestina buscando un novo fogar, e vaia a onde vaia parece que Palestina o persegue. En Nova York, París ou Doha, tanto ten, sempre hai cousas que lle recordan ao seu fogar, controis na fronteira, a policía o racismo,... Un traballo para rir e pensar ao mesmo tempo sobre o sentimento de extranxería permanente dun pobo colonizado.  

Premios: 

Festival de Cannes 2019. Premio Fipresci. Mención especial do xurado Festival de Cine Europeo de Sevilla 2019: Mellor Coproducción Europea.  

O Corno

 O xoves, 7 de marzo, proxectarase O Corno, dirixida por Jaione Camborda.    

 Un drama ambientado nos anos 70 na Illa de Arousa que conta a historia dunha mariscadora que axuda nos partos. Algo se torce e ten que fuxir a Portugal polas rutas dos contrabandistas. 

Ninjababy 

 O xoves 4 de abril, Ninjababy, dirixida por Yngvild Sve Flikke. 

 Unha comedia cunha mirada feminina desacomplexada que aborda a maternidade xuvenil. Adapta unha novela gráfica.

Scarlet

 O xoves 9 de maio chegará Scarlet dirixida por Pietro Marcello. 

 Un drama romance que conta a historia dunha nena apaixoada pola música que agarda que se cumpra unha profecía que a levará lonxe.   

Fallen Leaves

 Pechará o ciclo, o 6 de xuño, unha comedia dramática multipremiada, a finlandesa Fallen Leaves, de Aki Kaurismäki. Aborda o emprego a soedade, e o alcoholismo nunha particular relación de parella.  

 As proxeccións son ás 20:30 no Auditorio de Goián.

Ningún comentario:

Publicar un comentario