2 de xan. de 2024

DEPORTES

NATACIÓN

ROSALÍA SOLER LOMBA LOGROU 8 MEDALLAS EN 8 PROBAS, E CATRO MELLORES MARCAS PERSOAIS

 No Campionato Galego Absoluto de Inverno


Rosalía Soler Lomba
Foto: FB

Redacción Deportes / A Guarda

 A pasada fin de semana disputouse en Lugo, o Campionato Galego Absoluto de Inverno.  

 A nadadora guardesa Rosalía Soler Lomba, pertencente ao Real Club Náutico de Vigo, acadou 8 medallas en 8 probas e ata catro mellores marcas persoais:  

Ouro e campiona galega absoluta en 100 bolboreta.  

Prata e subcampioa galega absoluta en 100 costas. 

Prata e subcampioa galega absoluta en 50 bolboreta con mellor marca persoal (28.40). 

Prata e subcampioa galega absoluta en 50 Costas con mellor marca persoal (29.94). 

Prata e subcampioa galega absoluta na remuda de 4x100 estilos nadando posta a bolboreta. 

Prata e subcampioa galega absoluta na remuda de 4x100 libres con mellor marca persoal na súa posta (59.00). 

Bronce absoluto na remuda de 4x50 estilos nadando a posta de costas. 

Bronce absoluto na remuda de 4x50 libres con mellor marca persoal na súa posta (26.71).

Ningún comentario:

Publicar un comentario