19 de set. de 2023

O ROSAL

Rosalía de Castro desembarca co seu herbario literario no Rosal  

O Salón de Exposicións acolle unha mostra con 40 imaxes de plantas e flores que rende homenaxe á obra rosaliana e a súa unión coa natureza  



 

Infogauda / O Rosal

 Rosalía de Castro chega ao Rosal co seu particular herbario. O Salón de Exposicións do Concello acolle a mostra ‘O Herbario de Rosalía’, unha mostra con 40 imaxes do herbario literario realizado polas profesoras María López Sández e Isabel Fraga, da Universidade de Santiago de Compostela, con fotografías de Miguel Fraga, nunha homenaxe á obra rosaliana e á unión da literatura coa natureza. 


O Salón de Exposicións do Concello acolle a mostra ‘O Herbario de Rosalía’
Fotos: C.O.R.

 

 Nesta mostra da Casa de Rosalía e da Deputación de Pontevedra amósanse imaxes de flores e plantas moi vencelladas á obra da autora máis destacada e universal da cultura galega, o herbario que as profesoras imaxinaron que podería ter feito Rosalía durante os seus paseos na natureza dos que tango gustaba e que inspiraron os seus versos.  

 A mostra está dividida en catro seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e outras flores e plantas e especies comestibles. Cada unha das seccións da exposición vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía e un vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalía e a proxección da totalidade dos 150 pregos dos que consta o herbario das autoras. 

 A mostra estará ata o vindeiro 1 de outubro no Rosal para achegar ao público a unha exposición que busca ser “unha ofrenda á autora á que tanto debemos, que nos ensinou a mirar a paisaxe galega doutra maneira”, como sinalan as autoras. A exposición xurdiu no marco dun proxecto de investigación da Universidade de Santiago de Compostela no que as investigadoras fixeron un baleirado completo da obra poética e en prosa de Rosalía de Castro para localizar a totalidade das plantas e flores mencionadas. 

TOMIÑO

Ministerio de Cultura e Eurocidade Cerveira-Tomiño arrancan no Miño unha colección sobre os principais ríos da Península Ibérica  

Tomiño vai acoller este venres 22 (20:00 h), no Auditorio de Goián, a presentación de ‘O Miño sereno’, un libro interactivo no que as primeiras fotografías do río dialogan con ilusións en 3D, audios e vídeos  

A Eurocidade apostou por este proxecto de Lucía Laín que se aliñaba coa vontade de reivindicación, preservación e divulgación da riqueza patrimonial, histórica e natural do Miño  




Infogauda / Tomiño

 Unha viaxe no tempo polas páxinas dun álbum dinámico no que poesía e fotografías son as principais aliadas. Así é ‘O Miño sereno’, o primeiro volume de ‘A memoria dos ríos’, unha colección dedica aos principais ríos da Península Ibérica posta en marcha polo Ministerio de Cultura y Deporte e que neste primeiro libro conta co apoio e financiamento da Eurocidade Cerveira-Tomiño.  

 Un proxecto que arranca en augas do Miño e que permitirá desfrutar ao público da riqueza deste río a través dun libro interactivo da documentalista Lucía Laín que propón unha viaxe dende o seu nacemento ata a desembocadura. “A riqueza que nos brinda a propia natureza do río xunto ao inmenso abano de posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías fan deste libro unha oportunidade única para trasladarse á realidade do río, co seu pasado e o seu presente”, salienta a autora.  


Desembocadura do río Miño - ca.1926 
Col. Roisin - IEFCD

Pescadores do río Miño 
Arquivo da Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández

 Neste libro o público poderá deixarse levar polos efectos inspirados na visión binocular da fotografía estereoscópica, por ilusións en 3D, audios e vídeos para achegarse a momentos históricos como o lanzo da cruz ou as distancias e os tempos marcados polas propias redes dos pescadores ou a lugares como a Ilha dos Amores, acompañados de imaxes de principios do século pasado e de testemuños actuais.  

 “Ao longo dos máis de 300 km que percorre dende a súa desembocadura, voces de onte e de hoxe atopan o reflexo nas súas augas nun libro no que o fío condutor é o curso do Miño, un río nobre, sereno, melancólico, soberbio, internacional...”, explica Laín. A autora recalca que “o testemuño das e dos habitantes de ambas beiras do río permítenos achegarnos ás súas lembranzas. As fotografías que levan consigo dormen en caixóns ou nalgunha estancia dos seus fogares. Son memorias de tempos de pesca, de tradición e de romaría, memorias tecidas en colectividade”. 


Fondeadero do Cañonero Perla - Tui
 Postal Colección de Antonio Martínez
Retrato colectivo de bañistas no río Miño Lugo - 1926 
Arquivo Municipal Concello de Lugo


 Coincidindo co Día Mundial dos Ríos, o libro presentarase este venres 22 de setembro ás 20.00 horas no Auditorio de Goián nun acto de balde no que participarán a alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira; e a propia Lucía Laín, documentalista, guionista e comisaria de exposicións. Durante o acto proxectarase unha coidada selección de pezas documentais protagonizadas polos habitantes do río Miño. O volume estará dispoñible para o público de forma virtual e en cinco idiomas: galego, portugués, castelán, francés e inglés. 

 A Eurocidade Cerveira-Tomiño fixo unha clara aposta por este proxecto de Lucía Laín que “se aliña perfectamente coa vontade de reivindicación, preservación e divulgación da riqueza patrimonial, histórica e natural do Miño, o recurso común que artella a alianza estratéxica transfronteiriza dos nosos dous concellos”. 

DEPORTES

PIRAGÜISMO

SEIS MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA V COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM  


En K1 muller alevín Leila Álvarez - no centro do podio - logrou a medalla de ouro e Nerea Álvarez - á der. -, acadou a de prata

En K1 alevín, Lois Montenegro - á esq. do podio - logrou un bronce

 En K1 home benxamín tamén houbo dobre medalla,  Roque Olveira - á der. - acadou a prata e Nicolás Piñeiro - á esq. -o bronce
Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou terceiro

O Club Deportivo Miño-Teixugos estivo representado por once deportistas


Informa (Redacción e fotografías9: Rosa Fernández Carrera / Deportes

 O sábado tivo lugar nas augas do río Xallas a quinta e última das copas galegas de promoción do slálom a que acudiron as pequenas promesas  deste deporte en Galicia.  

 O Club Deportivo Miño-Teixugos estivo representado por once deportistas, que loitaron por facer o percorrido o máis rápido posible e co menor número de penalizacións.  

 En K1 muller alevín Leila Álvarez acadou unha merecidísima medalla de ouro ao facer o circuíto moito máis rápida que as demais competidoras, o segundo mellor tempo, e medalla de prata, foi para Nerea Álvarez. A terceira “teixuga” da categoría, Rita Olveira, rematou cuarta.  

 Destacar que, Nerea Álvarez, acadou a súa segunda medalla, desta vez ouro, ao dobrar participación baixando tamén en canoa ou C1.  

 En K1 muller infantil Francia Piñeiro rematou oitava.  

 En K1 home benxamín tamén houbo dobre medalla,  Roque Olveira acadou a prata e Nicolás Piñeiro o bronce.  

 En K1 alevín, Lois Montenegro rematou terceiro, conseguindo, por tanto un bronce. Alejandro Barreiro foi sexto e Leo Álvarez undécimo.  

 En K1 infantil Brais Álvarez foi oitavo e Iván Cruz noveno.  

 Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou terceiro, subindo ao podio xunto co Tea, de Mondariz, que foi segundo e o Montaña Quixós, de Monforte, que resultaron gañadores.


TOMIÑO

Tomiño segue mollándose polos ríos na limpeza simultánea impulsada por Adega  

A actividade celebrarase o vindeiro luns 25 de setembro para implicar ao alumnado dos centros escolares tomiñeses 



 

Infogauda / Tomiño

 Tomiño implícase un ano máis coa limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, Adega, ao abeiro do Proxecto Ríos. Deste xeito, o Concello participará de novo na iniciativa ‘Móllate polos ríos’, unha xornada de retirada de lixo da beira do río, coa que se busca concienciar á sociedade sobre a necesidade de manter limpos de residuos os cursos fluviais, para garantir a súa saúde.  

 Este ano o Concello celebrará esta xornada de sensibilización e limpeza o vindeiro luns 25 de setembro, co obxectivo de abrir as portas á participación e implicación de todo o alumnado dos centros escolares tomiñeses. Nesta ocasión o lugar de encontro, para a veciñanza que se apunte como voluntaria, será a Praza do Seixo, diante da Casa do Concello, ás 10.00 horas.  

 A concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, convida a toda a veciñanza e a grupos ou asociacións a que se unan a esta iniciativa que en edicións anteriores mobilizou a miles de voluntarios e voluntarias por toda Galiza que retiraron decenas de toneladas de residuos dos ríos e da súa contorna. 

 A actividade está aberta a todos os públicos. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través da páxina web do Concello, mentres que as asociacións ou centros educativos que desexen implicarse poderán facer a súa inscrición a través do correo electrónico tecnica.medioambiente@tomino.gal ou chamando ao teléfono 986 62 20 01, extensión 6. En caso de que algún grupo estea interesado en participar nesta iniciativa noutra data, debe comunicalo ao Concello para facilitarlle o material necesario e organizar a xestión de todos os residuos recollidos. Para participar nesta limpeza simultánea recoméndase levar roupa cómoda para camiñar, gorra e protección solar en caso de que o tempo o demande e calzado para a auga ou de recambio por se se molla durante a actividade. 

 Máis info.  

VILA NOVA DE CERVEIRA

Comédias do Minho leva “Há Filmes no Largo” a três freguesias do concelho  

 


Irene Pinheiro / Vila Nova de Cerveira  

 Entre esta sexta-feira e domingo, as Comédias do Minho e a Memória Imaterial CRL revisitam a prática antiquíssima dos contadores de histórias - que vão desaparecendo das aldeias do Vale do Minho - com a apresentação do documentário "Da Memória às Palavras", de João Gigante. O objetivo é resgatar este património oral e dar uma nova forma de apresentação aos contos e lendas do território minhoto. De entrada livre e destinado a maiores de 12 anos, o documentário de 98 minutos vai ser exibido em Gondarém, Mentrestido e Sopo, às 21h00.     

 De acordo com a sinopse, “Da memória às palavras” é um filme-documento que se constrói em torno do espetáculo de narração oral “Uma Roda: entre histórias”. O processo de trabalho começa pelo acompanhamento de recolhas de património oral (lendas, contos, histórias e cantigas), no Alto Minho, pela equipa da Memória Imaterial Cooperativa Cultural.

 A viagem continua com o processo dos atores das Comédias do Minho, a partir do manancial de histórias coletadas. Luís Correia Carmelo é o encenador e narrador que conduz a metamorfose dos atores em narradores ativos, criativos e interpretativos.     

 Este filme faz um desenho desde a recolha à apresentação, apontando os processos e os resultados: através da circulação do espetáculo devolvem-se os contos recolhidos e apropriados por cada narrador. Este filme fala de quem vive, guarda e usa a palavra como retrato do quotidiano, do seu território. Saber contar histórias é beber das memórias a elasticidade narrativa de quem as contou. É trazer ao presente um olhar transversal sobre o tempo que nos atravessa e sobre o tempo que virá.     

Programa:  

Sexta-feira, dia 22 - Junta de Freguesia de Gondarém  

Sábado, dia 23 - Polidesportivo de Mentrestido [ou JF Mentrestido, em caso de chuva]  

Domingo, dia 24 - Junta de Freguesia de Sopo    

Ficha Artística:  

Realização: João Gigante  

Com: José Barbieri, Luís Correia Carmelo, Cheila Pereira, Luís Filipe Silva, Rui Mendonça, Sara Costa, Ana Sofia Paiva, António Fontinha, Cristina Taquelim, Paula Carballeira, Magda Henriques, Hugo Montenegro, Théo Wengleswski, Pedro Morgado, Luís Carlos Silva, Liliana Claro, Vasco Ferreira  

Imagem e Áudio: João Gigante   

Montagem e Pós-Produção: João Gigante  

Música PHOLE  

Coprodução: Comédias do Minho e Memória Imaterial CRL

TUI

Ciclo de conferencias e exposicións sobre Francisco Sánchez no cuarto centenario do seu falecemento 




Infogauda / Tui

 O médico e filósofo tudense Francisco Sánchez vai centrar un ciclo de conferencias e unha exposición esta semana en Tui, unhas actividades que a súa vez forman parte do programa ‘Setembro Xudeu en Tui’.  

 Este 2023 en Tui está dedicada a Francisco Sánchez, tal e coma acordou a corporación municipal de Tui en pleno, coincidindo co cuarto centenario do seu falecemento na cidade francesa de Toulouse. O médico e filósofo Francisco Sánchez naceu en Tui no ano 1550. Francisco Sánchez, que tivo de fuxir pola condición de “cristiáns novos” (descendentes de xudeus recentemente bautizados) cando era mozo, foi o autor dunha obra filosófica, “Quod nihil scitur”, que constitúe unha obra referencial do pensamento europeo do século XVI.  

 Dedicándolle este ano 2023 o Concello de Tui busca a divulgación da súa figura, obra e transcendencia, polo que organiza este pequeno ciclo de conferencias arredor da súa vida e obra que terán lugar no edificio Francisco Sánchez.  

 Así este mércores, 20 de setembro, ás 20 h celebrarase a conferencia “A cidade de Tui na vida de Francisco Sánchez: entre a renovación urbana e a chegada dos xudeoconversos”, por Suso Vila, historiador tudense de acreditada traxectoria na investigación especialmente no que atinxe á época medieval e á presenza de comunidades xudías e de cristiáns novos na nosa localidade.  

 O venres, 22 de setembro, ás 20 h o titulo da conferencia será “Francisco Sánchez médico”, por Rosendo Bugarín González, médico de ampla traxectoria e que ten investigado nos últimos anos sobre a obra médica do filósofo tudense e sobre a tese de doutoramento dedicada a Sánchez polo afamado médico tudense do século pasado, Darío Álvarez Blázquez.  

 A próxima semana, o mércores 27, tamén ás 20 h a conferencia prevista leva por título “Francisco Sánchez, un tudense universal”, por Laureano Alonso Álvarez, profesor de latín e grego no IES “San Paio” de Tui e que ten abordado recentemente a tradución integra ao galego da principal obra filosófica do tudense, o “Quod nihil scitur”.  

 Paralelamente estes días será inaugurada no Paseo da Corredoira unha exposición divulgativa sobre o pensador tudense Francisco Sánchez para contribuír á difusión da súa vida, obra e transcendencia entre veciñanza e visitantes.  

 Finalmente a finais de setembro será inaugurada outra exposición de carácter máis amplo sobre o médico e filósofo e que será itinerante para contribuír á divulgación e coñecemento deste egrexio tudense e galego tan descoñecido.  

 Para as concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez Álvarez, e de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, estas actividades inxeridas no programa do “Setembro xudeu en Tui” coinciden plenamente coa temática deste ano 2023 das “Xornadas Europeas da Cultura Xudía” centradas na “Memoria”. Recuperar a personalidade e a transcendencia da obra de Francisco Sánchez, membro dunha familia de ascendencia xudía, resulta sumamente acaído cos obxectivos destas xornadas.  

 A figura do pensador tudense protagonizará tamén diversas actividades, segundo anuncian as concelleiras tudenses, no mes de novembro, pois o día 16 dese mes é cando se cumpre o IV centenario do seu falecemento na cidade francesa de Toulouse o Concello de Tui realizará novas actividades para pechar este “Ano Francisco Sánchez”.  

Ciclo de Conferencias. Edificio Francisco Sánchez  

Mércores, 20 de setembro, ás 20 horas

A cidade de Tui na vida de Francisco Sánchez: entre a renovación urbana e a chegada dos xudeoconversos”, polo historiador tudense Suso Vila. 

Venres, 22 de setembro, ás 20 horas 

“Francisco Sánchez médico”, polo médico tudense Rosendo Bugarín González. 

Mércores, 27 de setembro, ás 20 horas 

Conferencia “Francisco Sánchez, un tudense universal”, polo profesor de latín e grego, Laureano Alonso Álvarez.  

VIGO

Seguimento maioritario na primeira xornada de mobilizacións de Vitrasa coincidindo coa semana europea da mobilidade  

O comité da concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo chama a cidadanía a participar na manifestación deste venres día 22 


Foto: CIG

Infogauda/ Vigo

 O cadro de persoal de Vitrasa está a secundar hoxe masivamente a primeira xornada de paros parciais indefinidos convocados para forzar a empresa e o Concello de Vigo a buscar unha solución ao conflito laboral aberto tras os reiterados incumprimentos da dirección en materia laboral. Dende o comité de empresa da concesionaria chaman a cidadanía a participar na manifestación prevista para este venres 22 de setembro dende o cruzamento dos Choróns ás 19:00 horas.  

 A representación dos traballadores/as valora positivamente o seguimento dos paros desenvolvidos de 07:30 a 09:00 horas e de 12:30 a 15:30 horas e agardan unha resposta similar no que terá lugar de 19:30 a 21:00 horas. No caso de sábados, domingos e festivos a medida de presión afectará a franxa horaria que vai das 19:00 ás 21:00 horas. Estes primeiros paros coincidiron coa celebración da semana europea da mobilidade.  

 “Lamentamos que os cidadáns non poidan dispoñer dun servizo público de calidade debido á negativa de Vitrasa a calquera negociación e á sorprendente inacción do Concello de Vigo” sinalan dende o comité. Ao tempo que chaman a toda a veciñanza da cidade a participar na manifestación que prevista para este venres día 22 ás 19:00 horas, con saída dende o cruzamento dos Choróns e remate na praza de Compostela. A mobilización coincidirá coa primeira xornada de folga de 24 horas das que ten previstas a representación do cadro de persoal.  

 Finalmente, dende o comité felicitan o alcalde por conseguir a suba do IPC para corporación municipal nuns poucos meses, “mentres os traballadores/as de Vitrasa levamos case tres anos co noso soldo conxelado pola negativa da empresa a negociar un novo convenio colectivo”.

SANTIAGO DE COMPOSTELA

ABANCA reforza o seu sólido apoio ás redeiras artesás de Galicia mediante a firma dun novo acordo 

O renovado texto céntrase en brindar solucións aos desafíos actuais que afrontan as profesionais da Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”, e o seu punto principal é o acceso a opcións de crédito 

O banco e a federación colaboran co obxectivo posto fundamentalmente “na mellora da competitividade do colectivo e a atracción de novas xeracións cara a este oficio tradicional”


A firma deste novo acordo tivo lugar esta mañá en Santiago de Compostela e contou coa presenza do director da unidade especializada ABANCA Mar, Javier Fraga, e a presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”, Verónica Veres

Infogauda / Santiago de Compostela

 ABANCA consolida o seu compromiso coas redeiras de Galicia grazas á firma dun novo convenio de colaboración coa Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”. Este paso é unha mostra máis do sólido apoio que a entidade financeira ofrece desde hai anos a estas traballadoras do mar, cuxo labor é fundamental tanto no ámbito económico como cultural da comunidade galega.  

 A firma deste novo acordo tivo lugar esta mañá en Santiago de Compostela e contou coa presenza do director da unidade especializada ABANCA Mar, Javier Fraga, e a presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”, Verónica Veres.  

 O novo texto céntrase en brindar solucións aos desafíos actuais que afronta o colectivo das redeiras, como o cambio xeracional, e o seu punto principal é o acceso a opcións de crédito melloradas. Desta forma, as profesionais que forman parte da federación terán condicións preferentes á hora de contratar produtos de ABANCA. Estas condicións aplicaranse tanto á implementación de novos proxectos como ao fortalecemento da competitividade dos proxectos xa existentes. Entre as opcións ofrecidas destacan pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións ou avais.  

 Doutra banda, o convenio tamén inclúe seguros personalizados para o colectivo. Ademais, desde as distintas oficinas e a unidade especializada ABANCA Mar, brindarase información sobre as opcións de financiamento dispoñibles a través dos acordos que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos.  

 “Para ABANCA é importante seguir apoiando a unha profesión tan arraigada na comunidade local e que é fundamental dentro do sector pesqueiro. Con este acordo buscamos mellorar a competitividade das redeiras e atraer a novas xeracións cara a este oficio mariñeiro, un dos máis antigos e valiosos que forman parte inalienable do patrimonio cultural galego”, explicou o director de ABANCA Mar tras a firma.  

Un compromiso a longo prazo 

 Esta nova colaboración non é un punto de partida, senón unha continuación do compromiso a longo prazo de ABANCA con este oficio tradicional. En 2021, o banco e as redeiras presentaron a campaña “Redes Vivas”, que ten como obxectivo dar unha segunda vida ás redes rescatadas das costas galegas para reciclalas e empregalas como material deportivo en centros de toda Galicia. Esta ambiciosa iniciativa acadou diversos éxitos e recoñecementos significativos e, o pasado mes de xuño, levou á entidade financeira a gañar o primeiro posto na categoría de Marketing Social nos Premios Nacionais de Marketing, organizados pola Asociación de Marketing de España.  

 A Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao” foi creada en 2004 e está constituída por oito asociacións de mulleres de Cariño, Cedeira, O Fieital, Illa da Estrela, Portosín, Virxe do Carme, O Cerco e Atalaia. O seu obxectivo principal é mellorar as condicións laborais das redeiras e obter un maior recoñecemento da súa profesión. ABANCA, pola súa banda, conta desde 2016 cunha unidade de negocio especializada no mundo pesqueiro, ABANCA Mar, que dispón dun amplo catálogo de produtos e servizos pensados para dar resposta ás demandas deste colectivo e ofrece solucións personalizadas ás problemáticas puntuais do sector.

ARCOS DE VALVEVEZ

Câmara Municipal aprova criação do Cartão Municipal de Família Numerosa  

 



María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez, decidiu apoiar as famílias numerosas residentes no concelho, procedendo à criação do Cartão Municipal de Família Numerosa, cujo projeto de regulamento foi recentemente aprovado. Com este cartão é conferida a possibilidade de aceder a um conjunto de serviços, a custos mais reduzidos, cooperando, apoiando e estimulando, desta forma, o seu bem-estar, equilíbrio e desenvolvimento integral.  

 O Cartão Municipal de Família Numerosa destina-se a apoiar todos os agregados familiares, com três ou mais filhos, residentes no concelho de Arcos de Valdevez.  

 Este cartão, pessoal e intransmissível, é emitido pelo Município, mediante o preenchimento de formulário especialmente destinado para o efeito, sendo entregue, gratuitamente, a cada um dos membros do agregado familiar.  

 O Cartão Municipal de Família Numerosa atribui aos/às seus/suas titulares os seguintes benefícios, por agregado familiar: redução de 50 % no valor das refeições escolares a pagar pelo aluno; redução em 50% do valor dos encargos com o prolongamento do horário das crianças que frequentam o pré-escolar da rede pública; redução em 50 % nas entradas para espetáculos culturais, desportivos, recreativos e outros organizados pelo Município de Arcos de Valdevez; redução em 30 % nas entradas nas piscinas municipais e outros equipamentos desportivos; redução em 50% no valor das taxas devidas pelas licenças e autorizações para execução de obras particulares, quando se trata de primeira habitação; acesso à tarifa familiar de água e saneamento mediante a apresentação do cartão família; outros apoios que venham a ser objeto de deliberação da Câmara Municipal. 

 Com esta medida o executivo Municipal visa promover incentivos que conduzam ao aumento da natalidade, à fixação de pessoas no território e à melhoria das condições de vida das famílias residentes, designadamente das famílias numerosas, as quais desempenham um papel de grande importância para o concelho dado o contributo demográfico que prestam à sociedade no aumento do número de nascimentos e na renovação geracional.