4 de dec. de 2023

TURISMO

O Concello de A Guarda lanza unha nova ferramenta dixital para dar a coñecer os recursos e rutas turísticos  


Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

A Concellería de Turismo grazas a unha subvención de fondos europeos para a creación de contidos dixitais desenvolveu uns novos mapas turísticos interactivos para ampliar a oferta de información turística para os nosos visitantes. 

 Estes mapas turísticos dixitais están integrados na actual web municipal de turismo e tamén contan cunha ligazón directa a estes mapas.  

 Esta ferramenta está integrada por 18 mapas interactivos ordenados por temáticas e distribuídos en 4 seccións: Coñece A Guarda; A Guarda é patrimonio; A Guarda é natureza; A Guarda: do Miño ao Atlántico. 

 A finalidade é dar protagonismo e presentar dun xeito sinxelo e atractivo en base aos posibles intereses dos visitantes.

 



 Estes mapas contan con máis de 80 recursos con foto, vídeo, introdución e unha descrición. Estes recursos están xeolocalizados e visualízanse no mapa baseado en tecnoloxía Google Maps cunha iconografía adecuada. Os idiomas dispoñibles son galego, español e inglés. 

 Ademais conta con dúas funcionalidades: cómo chegar e compartir o recurso mediante WhatsApp, Facebook, Twitter e Instagram. Polo que é unha excelente ferramenta de promoción e difusión dos contidos turísticos de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario