13 de dec. de 2023

TOMIÑO

A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDAD PÚBLICA DE TOMIÑO DENUNCIA Á "CAÓTICA SITUACIÓN DO CENTRO DE SAÚDE"

 E convoca unha concentración, para este xoves, 14 de decembro, ás 11:00 horas, diante do Centro de Saúde, de Tomiño


Concentración veciñal convocada pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño

Infogauda / Tomiño 

 Nun comunicado feito público na tarde de hoxe, a Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño afirma o seguinte:

 A situación do noso centro de saúde é absolutamente caótica, insostible, intolerable e inadmisible. No día de hoxe, 3 médicos está intentando facer o traballo de 8, pero o  nivel de saturación xa desbordou. Todas as facultativas teñen ás axendas bloqueadas e non hai citas para o que queda de decembro nin para xaneiro. Se enfermamos, temos que ir por Urxencias. E por si isto fora pouco, mañá xoves, tan só haberá un médico en Tomiño para toda a veciñanza. 

 Por todo isto a Plataforma en defensa da Sanidade Pública en Tomiño concentrarémonos este xoves, 14 de decembro, ás 11:00 horas, diante do Centro de Saúde. 

 Acude, participa e berra con nós. A sanidade é o noso dereito, pero tamén é a nosa obriga defendela. 

 Contamos contido, contamos con todas/os.

 Lembra, este xoves, ás 11:00h. no Centro de Saúde de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario