13 de dec. de 2023

GOIÁN (TOMIÑO)

A película boliviana UTAMA, unha alfaia sorprendente no Cineclub Poleiro 

 Este xoves, 14 de decembro, ás 20:30 horas, no auditorio de Goián

  


Rita Alonso Pérez / Goián

 O xoves 14 de decembro, ás 20:30 horas, no auditorio de Goián, o Cineclub Poleiro proxecta UTAMA, unha película de Bolivia con guión e dirección de Alejandro Loayza Grisi. Unha historia de supervivencia que recibiu o Premio do Xurado no festival de Sundance, en 2022 

SINOPSE: No altiplano boliviano, unha parella de anciáns quechuas leva anos vivindo na monotonía do día a día. Durante unha seca inusualmente longa, Virginio e a súa muller Sisa enfróntanse a un dilema: resistir ou seren derrotados pola contorna e o propio tempo. De extrema beleza fotográfica é un retrato minimalista dun mundo a piques de extinguirse, algo que pode entroncar con As Bestas ou Alcarrás.   

Crítica: 

 Parece un cruzamento entre un western minimalista de Sergio Leone e unha serie de fotografías de Sebastiâo Salgado. 

 Jordan Mintzer: The Hollywood Reporter. 

El regreso de las golondrinas 

 O xoves 11 de xaneiro proxéctase a película chinesa El regreso de las golondrinas, con guión e dirección de Li Ruijun.  Acadou a Espiga de Oro na Seminci de Valladolid en 2022.  

SINOPSE: Un drama rural sobre a humildade. A sinxela Ma e o tímido Cao, expulsados das súas respectivas familias, son obrigados a casar. Para sobrevivir xuntan forzas construindo un fogar. No medio da adversidade  crean un vencejo entre eles para prosperar.  

Bono socio para as catro películas do ciclo de outono: 10 euros. 

 O cineclub Poleiro conta co apoio da concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario