13 de dec. de 2023

TOMIÑO

A Agrupación Musical de Goián pon o broche de ouro ao seu 25 aniversario co tradicional concerto de Nadal  

 A actuación, para todos os públicos, será este domingo 17 ás 19.00 horas no auditorio municipal, con entrada de balde  




Infogauda / Tomiño

 A Agrupación Musical de Goián prepárase para poñer o broche de ouro ao ano do seu 25 aniversario con moita música e por todo o alto. Este domingo 17 de decembro, ás 19.00 horas, os seus integrantes subiranse ao escenario do auditorio municipal de Goián para agasallar ao público co seu tradicional Concerto de Nadal, co que pechan a tempada de actuacións neste 2023. 

 Baixo a batuta de Pedro Villarroel, o concerto contará coa participación das bandas da Escola de Música, dende os máis pequenos e pequenas ata os maiores, ademais da Banda Infantil e da propia Agrupación Musical de Goián. 

 A alcaldesa convida a toda a veciñanza a asistir a este encontro no que a música será a gran protagonista e no que cada ano a Agrupación consegue sorprender e namorar ao público coa súa maxia sobre o escenario. A cita será con entrada de balde. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario