JUDO
DÚAS MEDALLAS PARA O CLUB DE JUDO BAIXO MIÑO, DE A GUARDA
• No nacional absoluto de judo
C.D. Baixo Miño / Redacción Deportes
O pasado sábado celebrouse en Navarra a fase final do campionato de España absoluto de judo 2023. Do club de Judo Baixo Miño Miño, de A Guarda, participaron tres judokas, os resultados foron os seguintes:
• Verónica Pérez Pacheco realizou un campionato de 10 alzándose coa medalla de ouro na categoría de -57 kg, resultado que volve demostrar que esta judoka tras o seu parón por lesión de sete meses, volveu máis forte situándose a gran nivel para afrontar próximos compromisos internacionais
• Noa González Da Costa Evangelista, conseguíu a medalla de bronce na categoría de -78kg cedendo soamente nun combate, judoka que aínda pertence á categoría junior onde se presenta como unha das favoritas.
• Brais Pereira Amorín conseguíu un 7º posto na categoría de -90kg, quedándose ás portas das medallas, nun peso onde se enfrontou a judokas medallistas internacionais.
Parabén aos tres e todo o seu grupo de traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario