ATLETISMO
CINCO MEDALLAS DE PRATA INDIVIDUAIS, E UNHA DE OURO POR EQUIPOS, PARA A SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA
• No campionato provincial de Cros de Xogade, sendo o club de Tomiño, unha vez máis, o club máis destacado recollendo premios individuais
Os adestradores Javier Sierpes e Patricia Pereira, cos atletas participantes no zonal provincial de campo a través do Xogade
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Despois dunha fin de semana frenética para a Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, téndose que dividir para poder participar nun sen parar de numerosas actuacións, como a de Braga, pista cuberta en Ourense, pista en Balaídos e San Miguel de Oia, obtendo grandes resultados en todas, cabe destacar a actuación da nosa base, no zonal provincial de campo a través do Xogade.
O devandito campionato celebrouse o sábado 16 de decembro, no alto de San Cosme, pertencente a parroquia viguesa de Zamáns. Este evento deportivo, incluído na axenda de actividades do programa escolar do programa Xogade, quedou marcado por unha mañá espléndida, con raios de sol e pouco frío.
O noso club desprazouse ata alí para participar con 15 dos nosos atletas da base, onde 11 clasificáronse para participar no galego e 3 deles ao ser benxamins non teñen campionato. En calquer caso, a Sociedade Atlética do Trega logrou cinco medallas de prata individuais e unha de ouro por equipos.
Orgullosos dos nosos nenos!
Os máis sobresalientes foron o equipo dos Sub12 masculinos formado por Alan de la Fuente Maculewics (5º), Xoel Pérez Montero (12º), Moncho Carreiro Pérez (13º) e Martín Rodríguez Castro (21º), percorrendo 1.500m (aprox.), sumando un total de 51 puntos, quedándose cunha gran diferenza - de 26 puntos - dos segundos, e conseguindo ser campións provinciais.
As outras intervencións, tamén excelentes, con medalla de prata, foron as de Paula Rocha Bautista (2ª - Sub16), Alejandro Santos Adrover (2º - Sub16), Sergio Silva Souto (2º - Sub14), Nadia Conejo Bascoy (2ª - Sub12) e Julia Martínez Ozores (2ª - Sub10).
Felicidades a todas/os!


Ningún comentario:
Publicar un comentario