18 de dec. de 2023

A GUARDA

O Albergue Municipal de Peregrinos de A Guarda pechas as súas portas durante as semanas de Nadal    

 Nos últimos anos escóllese as semanas de Nadal para pechalo, ante a redución do número de peregrinos nestas datas 




Infogauda / A Guarda  

 Ao longo deste ano o incremento do número de peregrinos que percorren as nosas rúas foi notable, con datos rexistrados na Oficina do peregrino en Santiago con 52.000 peregrinos a día de hoxe, superando os 30.600 rexistrados en todo o 2022,  Eses datos veñen de ser facilitados polo departamento de Turismo do Concello de A Guarda.    

 A devandita fonte municipal indica: A partir de novembro, como vén sendo habitual, a peregrinación redúcese a menos de 100 persoas chegadas a Santiago de todos os camiños. Isto representa menos de 10 peregrinos diarios rexistrados do Camiño Portugués da Costa.     

 En definitiva, os meses de menor afluencia de peregrinos son decembro e xaneiro. Os días tan curtos e a maior probabilidade de mal tempo son as razóns polas que os peregrinos evitan realizar o camiño nos meses de inverno. Tamén poden influír as celebracións de nadal.     

 Aqueles peregrinos que escollen estas datas para camiñar a Santiago buscan precisamente un camiño con pouco tránsito que lles aporte tranquilidade e soidade. Ademais estes peregrinos de inverno adoitar escoller aloxamentos turísticos como hoteis onde dispoñen doutras facilidades como cuartos individuais e unha maior flexibilidade na hora da saída.      

 Durante o mes de novembro no propio albergue municipal houbo 8 días cun só peregrino e outros 7 días sen peregrinos aloxados, 6 corresponden ao final do mes, cun total de 51 peregrinos. Nestas semanas de decembro foron 23 os peregrinos rexistros no albergue con 6 días sen peregrinos.    

 Aproveitando o peche do albergue realizaranse tarefas de mantemento das instalacións.     

 Polo que o Albergue Municipal de Peregrinos permanecerá pechado do luns 18 de decembro ata o domingo 14 de xaneiro, abrindo novamente a partir do luns 15 de xaneiro”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario