RECOÑECEMENTO AO CLUB DE PETANCA O CALDEIRO
• Recaeu este ano no noso presidente, Andrés Mirás Bascoy
Club de Petanca O Caldeiro / Camposancos
O pasado 16 de decembro, tras a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Petanca, tivo lugar o acto de entrega da insignia de prata da Federación.
Recaeu este ano no noso magnífico representante, o noso presidente, Andrés Mirás Bascoy. Recoñécese así, na figura do noso presidente, os méritos que fan ao noso club merecedor da devandita insignia:
• As instalacións do club e o seu estado de conservación.
• O número de torneos realizados ao longo do ano.
• As actividades de fomento da petanca no Baixo Miño, realizadas en concellos como O Rosal, Tomiño, Oia e A Guarda.
Este recoñecemento vén dar valor ao esforzo do equipo que dirixe o noso club, como á alta participación das socias e socios de O Caldeiro, ao longo dos últimos 6 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario