16 de dec. de 2023

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

UN BELÉN A TAMAÑO NATURAL CENTRA O NADAL CAMPOSINO

 Foi montado no eirado da Casa da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos


Momento da beizón do belén no eirado da casa cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos

O Coro Cantábile ofreceu un maxistral concerto no salón de actos 

José Fernando Martínez Martínez* / Camposancos

 No eirado da casa cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, e de xeito totalmente artesanal, os compañeiros de xunta reitora Gloria Portela Loureiro, Eduardo Alonso Rodríguez e Mario Baró Pereira, axudados por Manuela Villaverde, Nicasia Alfonso, Felicita Bautista e Benito Cividanes, montaron o belén.

 O pendello construíse con 20 palets de táboas, e o teito e o solo, con palla. As figuras de San Xosé, a Virxe María e o Neno, a tamaño natural, son obra de Gloria Portela. Esta compañeira foi a ideóloga e deseñadora de todo conxunto; Eduardo Alonso (Chiño), o constructor; e Mario Baró, o axudante. 

 Onte as oito do serán, coa beizón do párroco Ángel Soliño Fernández, acendemos e bendecimos o presebe. 

 E a continuación, o Coro Cantabile, dirixido por Avelino Ferreira López, ofreceu un maxistral concerto no salón de actos da Casa Cultural de Montes de Camposancos.

* Presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario