12 de dec. de 2023

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

UNHA COMUNIDADE DE MONTES CON VIDA 

 O venres 15 de decembro, ás 20.00 horas, acendido do alumeado e concerto do Coro Cantábile




José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, comunica que, como é costume nestas datas de Nadal, o próximo venres día 15 ás 20.00 horas, acenderemos o alumeado do presebe no patio da Casa de montes. 

 Deseguido, no salón de actos, o Coro Cantábile, ofrecerá un concerto. Entrada de balde ata completar aforo.

  Cos mellores desexos de que todos/as gocen destas festas tan entrañables.

Ningún comentario:

Publicar un comentario