12 de dec. de 2023

A GUARDA

A ASOCIACIÓN NATURALISTA "BAIXO MIÑO" (ANABAM), PUBLICOU O "CARRIZAL" Nº 15, DA SÚA ÉPOCA II

 Correspondente ao bimestre setembro/outubro 2022


"Carrizal" nº 15 - Época II, correspondente ao bimestre setembro-outubro de 2022, editado pola Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Continuando co noso labor, damos conta - como habíamos manifestado oportunamente - da publicación do boletín "Carrizal", nº 15 - Época II, correspondente ao bimestre setembro-outubro de 2022, editado pola Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM).

 O "Carrizal" que imos comentar nesta oportunidade, leva na súa portada unha fotografía - da autoría do fotógrafo rosaleiro Luis Dorado Senra - dun exemplar de escribenta das neves (Plectrophenax nivalis), unha especie de ave paseriforme da familia Emberizidae. Habita no ártico e nunha área restrinxida do hemisferio norte. Trátase dun ave migratoria, que pasa o inverno máis ao sur, en zonas templadas, entre elas a comarca do Baixo Miño, onde a escribenta das neves é ben coñecida polas persoas amantes da ornitoloxía e dos valores naturales da nosa contorna.

 No seu interior, o "Carrizal", ademais de informar da composición da xunta directiva de ANABAM, así como da persoa que edita e coordina o devandito boletín, e asemade, dos membros do consello editorial; tamén indica o importe das cotas das persoas asociadas e o da subscrición anual a esa publicación. Figura tamén, o enderezo social da asociación, e os medios de contacto (teléfono / WhatsApp 616 180 557), depósito legal, e a oportuna indicación de ser - o "Carrizal"feito en papel reciclado.

 Neste número, o boletín acolle os seguintes artigos e/ou informacións:

 O picudo vermello (Rinchophorus ferrugineus) no concello do Rosal, de Fabián González Álvarez.

 Escaravellos do Baixo Miño (Lucanus cervus), de M. Javier Blanco-Souto.

 Árbores extraordinarias do Baixo Miño. Arboreto do Castelo de Santa Cruz (A Guarda). Varios autores.

• Área recreativa de Malvesada, Fontenlas e A Molineta. Varios autores.

• Cando se quixo converter A Boega nun campo de golf, de Agustín Ferreira Lorenzo.

• Cousas de ANABAM:

Routeiro botánico pola praia de Camposancos.

Protección da Honckenya peploides.

Producción de resina no Baixo Miño.

Proxecto bolboretas.

Praia de Camposancos, colocación de carteis.

Projecto Borrelho.

Varamento de cetáceos.

Protección para Scolymus hispanicus.

Proxecto Larus: finalizada a campaña 2022.

Apuntes da nosa historia: Premio Bandeira Verde de Galicia.

 A lectura dese contido tan heteroxéneo como interesante, ofrécenos unha boa mostra do amplo e continuado labor, que desde súa fundación - en 1985 - veñen realizando as persoas que integran a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM). Son mulleres e homes, de idades e profesións ben diversas, que na súa maioría, dedican regularmente parte do seu tempo libre a observación, defensa, protección, estudo e divulgación do patrimonio  natural, etnográfico e cultural do Baixo Miño galego-portugués. E fáno, de xeito altruista, o quen ten maior mérito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario