5 de dec. de 2023

A GUARDA

Última cita dos Encontros en familia 

 O vindeiro martes 12 de decembro, ás 19:30 horas, na Casa dos Alonso




Infogauda / A Guarda

 O próximo martes día 12 de decembro, en horario de 19:30 a 21:00 horas, a Casa dos Alonso acollerá a sétima e última sesión de Encontros en familia. Nesta ocasión abordarase a “A afectación do duelo ás relaciones familiares”, proporcionando ferramentas e estratexias de comunicación para xestionar o duelo dentro da familia.  

 A entrada é libre ata completar aforo. 

 Para máis información chamar aos teléfonos: 680 197 937 Servizo de educación e apoio familiar (SEAF) e 986 614 507 Servizos sociais.  Enderezo electrónico: educadora@aguarda.es

 Esta proposta do Servizo de educación e apoio familiar  (SEAF) pretendeu crear un espazo de reunión para achegar á cidadanía temas actuais que invitaron ao debate e a reflexión sobre o papel da familia nesta sociedade. Cun formato práctico, ofrecéronse recomendacións e orientacións ás familias, profesionais da educación e coidadores.    

 O obxectivo destes encontros foi fortalecer as súas capacidades e habilidades parentais e de crianza, ofrecendo pautas positivas para consolidar os vínculos familiares e garantir a protección integral das crianzas e adolescentes.  

 En total foron 7 encontros de 90 minutos de duración dirixidos por Esteban Figueirido, psicólogo especializado en terapia familiar, e Beatriz Arroyo Moreno, traballadora social clínica, psicoterapeuta e tanatóloga. 

 Na súa organización tívose en conta as preocupacións e demandas das familias e profesionais do ámbito da educación e sanidade que traballan no concello de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario