5 de dec. de 2023

A GUARDA

O Concello de A Guarda dará a benvida á maxia do Nadal 

 Co acendido oficial das luces, na Praza do Reloxo, o vindeiro venres 8 de decembro ás 20:00 horas




Infogauda / A Guarda  

 O Concello de A Guarda convida á toda a comunidade veciñal e visitantes, a unirse á celebración do acendido oficial das luces de Nadal, este venres día 8 de decembro, ás 20:00 horas, na emblemática Praza do Reloxo. Este evento, que marca o inicio das festividades natalicias no noso concello, será aínda máis especial grazas á actuación do Grupo de Gaitas da Terceira Idade.  

 O Concello de A Guarda espera contar coa presenza de todos os residentes e visitantes para gozar xuntos deste momento único. O acendido das luces de Nadal marca o comezo dunha serie de actividades festivas programadas para toda a tempada.  

 Desde o executivo municipal lanzan á seguinte invitación: Acompañádenos neste momento especial mentres iluminamos A Guarda coa maxia do Nadal!

Ningún comentario:

Publicar un comentario