5 de dec. de 2023

A GUARDA

O GRUPO ANTORCHA LEVOU SÚAS PANXOLIÑAS DE NADAL A TODOS OS NENOS 

 Ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro


As compoñentes do Grupo Antorcha, de A Guarda, nun momento da súa actuación na Aula Hospitalaria do Hospital Álvaro Cunqueiro


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A Aula Hospitalaria do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo, acolleu ás 11:30 h, deste martes día 5 de decembro de 2023, unha actuación do Grupo Antorcha, de A Guarda, enmarcada no programa de Nadal, 2023.

  Coordinadas pola cantautora María José Baz, as compoñentes de Grupo Antorcha, xa habían axendado con antelación esa entrañable visita aos nenos e nenas do devandito hospital. E dese xeito, hoxe ben cedo foron ao encontro dos picariños, levándolles o seu agarimo, súas voces e súas músicas. 

 Foi así, como a mañá de hoxe tivo unha mornura especial, e tanto a sala de xogos Capital Cunqui e seus mariñeiros, como as inmediacións dos espazos habitacionais onde están os picariños, acolleron as panxoliñas e as notas de guitarra dunha representación de compoñentes do Grupo Antorcha, de A Guarda. Mulleres que saben dar aloumiños, precisamente en momentos e lugares nos cales esa achega ten moito máis valor humano do que poidéramos pensar.

 Panxoliñas de nadal, sorrisos,... Todo iso, e moito máis, que non se pode describir con palabras, para que os picariños, seus acompañantes e mesmo o persoal sanitario, tivesen unha nova motivación existencial e unha grata lembranza dunha mañá moi emotiva e ben fermosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario