Sexta sesión dos “Encontros en Familia”
• Este martes 21 de novembro, de 19:30 a 21:00h, na Casa dos Alonso.
Infogauda / A Guarda
Este martes día 21 de novembro continúa o programa Encontros en familia, coa sexta sesión: “O acoso escolar. Detección, prevención e intervención familiar”.
Nesta ocasión tratarase da importancia de saber actuar ante casos de acoso escolar.
Esta proposta do Servizo de Educación e Apoio Gamiliar (SEAF) pretende crear un espazo de reunión para achegar á cidadanía temas actuais que inviten ao debate e a reflexión sobre o papel da familia na sociedade actual e ao mesmo tempo ofrecer un formato máis práctico con recomendacións e orientacións ás familias, profesionais da educación e coidadores.
O obxectivo destes encontros é fortalecer as súas capacidades e habilidades parentais e de crianza, ofrecendo pautas positivas para consolidar os vínculos familiares e garantir a protección integral das crianzas e adolescentes.
Na súa organización tívose en conta as preocupacións e demandas das familias e profesionais do ámbito da educación e sanidade que traballan no concello de A Guarda. En total son 7 encontros, o primeiro deles tivo lugar no mes de xuño e xunto coa presentación do ciclo abordáronse temas tan importantes como a saúde mental, hábitos saudables e o tempo de ocio e familiar. A duración de cada un será de 90 minutos e estarán dirixidos por Esteban Figueirido, psicólogo especializado en terapia familiar e Beatriz Arroyo Moreno, traballadora social clínica, psicoterapeuta e tanatóloga.
PROGRAMA
21.11.2023
“O acoso escolar”. Detección, prevención e intervención familiar.
DECEMBRO
12.12.2023
“A afectación do duelo ás relaciones familiares”. Ferramentas e comunicación para xestionar o duelo.
Todas as charlas realizaranse os martes na Casa dos Alonso (planta baixa do Concello) en horario de 19:30 a 21:00h.
A entrada é libre ata completar aforo.
Para máis información chamar aos teléfonos: 680 197 937 (SEAF) e 986 614 507 Servizos sociais. Enderezo electrónico: educadora@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario