20 de nov. de 2023

A GUARDA

CONCERTO DE OUTONO: UN FERMOSO XEITO DE CELEBRAR A CULTURA MUSICAL DE NOSO


Grupo Antorcha
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Ainda que non se fixo mención expresa ao primeiro cabodano do pasamento do relembrado José Luis Lorenzo Rodríguez, que tanto fixo a prol da tradición musical de A Guarda; coa realización do Concerto de outono - que tivo lugar o pasado sábado 18 de novembro, na igrexa parroquial de A Guarda -, foi un xeito de honrar á memoria dunha persoa que por decisión propia fixo do noso pobo súa vila de residencia, o lugar onde realizar súa actividade mercantil ao longo de moitos anos, e onde materializou gran parte da súa frutífera e impagable andaina musical.  

 O noso prezado amigo e veciño faleceu o día 15 de novembro de 2022, pero seu legado musical vai permanecer por sempre, e de xeito especial nas persoas que conviviron con el, como por exemplo, entre outras, tanto a nivel individual como colectivo: Coro Cantabile, Grupo Antorcha, María José Baz Martínez e Avelino Ferreira López, respectivamente. 

 O Concerto de outono foi organizado precisamente polo Coro Cantabile e ademais da súa chega musical, contou tamén coa participación das persoas antes mencionadas e do Grupo Antorcha. 

 Da presentación ocupouse a poeta e pintora Chuny Vázquez Vicente, que agradeceu a presenza no acto de Santi Villa e do padre somasco Luis López.

 O programa do Concerto de outono - que contou coa colaboración de Juan José González Estévez, párroco da igrexa de Santa María de A Guarda, e do Concello de A Guarda, respectivamente - comezou coa actuación do Grupo Antorcha, cuxas compoñentes, dirixidas por María José Baz, interpretaron: 

 Quen poidera namorala (Letra: Álvaro Cunqueiro - Música: Luis Emilio Batallán).

• Fisterra (Popular).

 Meu amor mariñeiro (Letra: Manuel Alegre - Música: María José Baz).

 Monte Viso (Letra e música: Carlos Rodríguez Vicente).


Avelino Ferreira López

 A continuación Avelino Ferreira, interpretou: 

 Concerto para oboe (1º movemento), de Mozart.

 A Misión, de Enio Morricone.

 Ave María, de Schuber.

  Inverno, de Vivaldi.


María José Baz Martínez
Des esq. á der.: Cami Lomba e María José Baz

 De seguido, sería o turno de María José Baz, que coa guitarra e súa voz interpretou as seguintes pezas:

 Porto chiquito guardés (Letra e música: Santiago Villa Martínez).

 Monte de Santa Trega (Letra: Aida Lomba Márquez - Música: María José Baz).

 Galicia bella (Letra: Estrella Velasco - Música: María José Baz).

 Calade (Letra: Rosalía de Castro - Música: María José Baz). Nesta obra María José Baz contou coa participación de súa curmá Cami Lomba Martínez.

 E a continuación, viu a actuación do Coro Cantabile, cuxos compoñentes, dirixidos por Avelino Ferreira interpretaron:

 A teu lado, de Javier Busto.

 Al-di-la (Letra: Carlo Donino - Compositor Mogol; Arranxos: Alexander Morum).

 Señor me cansa la vida (Letra: Antonio Machado - Música: Juan Alfonso García).

 Siva Jambra (Tradicional zulú).


Actuación conxunta interpretando Canto á Guarda

 E para poñer o broche final ao Concerto de outono, todas as persoas participantes, interpretaron xuntas:

 Canto á Guarda (Letra: Chuny Vázquez - Música: José Luis Lorenzo Rodríguez).

 O respectable público, que ao longo do Concerto de outono premiou cos seus aprausos todas e cada unha das actuacións, reservou unha gran ovación final para todos os participantes. 

 E por último, en nome do Concello de A Guarda, o alcalde Roberto José Carrero Álvarez, e o concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas, fixeron entregas duns agasallos florais.

 O Concerto de outono, foi, na opinión deste cronista, un fermoso xeito de celebrar á cultura musical de noso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario