13 de out. de 2023

GALIZA

Convocatoria de mobilizacións do sector da limpeza das provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense 

 O vindeiro luns, 16 de outubro


Infogauda / Galiza

 As traballadoras e traballadores do sector da limpeza das provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense mobilizaranse o vindeiro luns, 16 de outubro, en demanda dun convenio colectivo digno e en resposta á parálise das negociacións por parte da patronal. 

 • No caso de Lugo, as centrais CIG, CCOO e UGT teñen convocada folga indefinida dende o propio día 16 e unha concentración diante da sede da CEL (Praza de Santo Domingo), ás 12 horas. Para máis información: Asunción Castiñeira, da CIG-Servizos de Lugo, no 696 068 718.  

 • En Ourense está convocada concentración diante das oficinas de EULEN (Rúa Camiño Caneiro, 19), ás 10:30 horas. Para máis información: Nati Álvarez, da CIG-Servizos de Ourense, 659 922 934.  

E no caso do convenio provincial de Pontevedra, a protesta realizarase en Vigo, tamén diante das oficinas de Eulen (Rúa de Venezuela, 2), pero ás 11:30 horas. Para máis información: Transi Fernández, secretaria nacional da CIG-Servizos: 607 936 794.

Ningún comentario:

Publicar un comentario