11 de out. de 2023

DEPORTES

XI CARREIRA SOLIDARIA POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE - 10 Km

 O 29 de outubro, ás 11:00 horas, na Alameda de Bouzas (Vigo)




Javi / Vigo

 Se es de Vigo ou preto, seguro que coñeces a “XI CARREIRA SOLIDARIA POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE”. A de Bouzas.    

 Esta carreira organízana coa suor da súa fronte (pódoche asegurar que de forma literal) as mozas e mozos de AVEMPO, e xa van 11 edicións.  Nada mal!  

 Para eles a carreira supón unha achega importante para a asociación, para seguir axudando aos afectados de Esclerose Múltiple e as súas familias.  

 Admiro a calquera organizador que fai os seus eventos a pulmón, case sen apoio económico. É como saltar en paracaídas e confiar que se abra, os nervios están aí.   

 Dito isto, a Carreira Solidaria da Esclerose Múltiple está no calendario de VigoRunning.com. E é unha carreira asociada.   

 O prezo da inscrición xeral para a carreira de 10Km é de 12€.   

 Aquí tí pagas 10€ e vigorunning.com pon 2€.   

 Ti pagas menos, eles reciben o mesmo.  

 A XI CARREIRA SOLIDARIA POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE é o 29 de outubro, e pódesche inscribir xa aquí para a distancia de 10 Km.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario