ATLETISMO
Carlos Porto e Esther Navarrete, vencedores da 15K do Atlántico Banco Mediolanum
• E Josué Moreno e Ana Alonso, gañadores da Mini 15K
Carlos Porto, vencedor absoluto da 15K do Atlántico, 2023
Esther Navarrete gañadora na categoría féminas
Josué Moreno, vencedor da Mini 15K, na categoría homes
Ana Alonso, vencedora da Mini 15K, na categoría féminas
Ana Alonso, vencedora da Mini 15K, na categoría féminas
Fotos: B. M.
Infogauda / Deportes Nunha mañá que comezou con néboa - ainda que sen condicionar en exceso a visibilidade -, para ir abrindo arredor do mediodía e cunha temperatura óptima para á práctica deportiva; este domingo día 1 de outubro de 2023, celebrouse a carreira pedestre 15K do Atlántico Banco Mediolanum. Unha proba que este ano cumpliu o seu décimo aniversario e que tivo súa saída no Campo de fútbol das Tornas, en Oia, e transcorreu por unha contorna marabillosa en pleno corazón do Camiño portugués da Costa - mesmo coincidindo con moitas persoas que facían esta espectacular ruta xacobea que en grande parte do seu itinerario ten como singular compañeiro de roteiro o Oceáno Atlántico -, pasando por Sanxián e Portecelo (O Rosal) e rematando no paseo marítimo de A Guarda, onde estivo situada a liña de meta.
Os vencedores da carreira absoluta foron Carlos Porto, na categoría homes, e Esther Navarrete, en féminas.
Asemade, nesta edición celebrouse tamén a Mini 15K, cuxos vencedores foron Josué Moreno, da Sociedade Atlética do Trega, e Ana Alonso, do Atletics San Lázaro.
No acto de entrega de premios, que tivo lugar na Praza de San Bieito, de A Guarda, participaron representantes dos tres concellos (alcaldesa de Oia e concelleiros de Deportes de Oia, O Rosal e A Guarda), membros da AECC, da entidade patrocinadora, e o padrino da proba, Álvaro Pino.
Desde a organización, salientan que a suma de moitos esforzos de moita xente involucrada deu un magnífico resultado, tanto de participación como de público. Todo iso, grazas aos atletas participantes e as persoas que fixeron a andaina, así como aos tres concellos implicados (Oia, O Rosal e A Guarda) voluntarios, Protección Civil, Asociación Española Contra o Cancro (AECC), Policía Local de A Guarda, e ao Banco Mediolanum, por seguir apoiando esta carreira que cada ano suma máis adeptos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario