27 de out. de 2023

A GUARDA

A Guarda vai festexar o Samaín con actividades para todas as idades 

Será na xornada do martes día 31 de outubro na Praza do Reloxo




Infogauda / A Guarda  

 A Guarda vai celebrar o Samaín cunha programción festiva para todas as idades que terá lugar o martes día 31 de outubro na Praza do Reloxo, que será o epicentro do evento lúdico. 

 As actividades programadas para esta ocasión especial están divididas en dúas partes. Entre ás 17:00 e ás 19:00h, terá lugar unha sesión especialmente deseñada para os máis pequenos e para as familias. Nela, animadores percorrerán as rúas do centro en busca dos cativos que saen a pedir caramelos, e interactuarán con eles, propoñéndolles retos divertidos e proporcionando entretemento. 

 A partir das 19:00h, a atención centrarase na Praza do Reloxo. Neste lugar, haberá máis animación infantil e sesións de baile ata ás 20:00h. A Praza do Reloxo será o escenario perfecto para que os máis cativos desfruten dunha festa inesquecible e se divirtan coas súas familias. 

 A partires das 22:00h chegará o momento para os máis maiores cunha sesión DJ coas mellores músicas do momento. 

 Dende o Concello de A Guarda lembran: "Que ninguén perda a oportunidade de participar nesta celebración do Samaín en A Guarda, onde a diversión e a alegría están garantidas para todas as idades".

Ningún comentario:

Publicar un comentario