11 de xul. de 2023

DEPORTES

ATLETISMO

Abertas as inscricións para a 15k do Atlántico  

Terá lugar o 1 de outubro de 2023




Infogauda / Deportes  

 Xa están abertas as inscricións para poder participar na 15K do Atlántico - Banco Mediolanum, un evento deportivo que terá lugar o 1 de outubro de 2023 entre os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda, con dúas modalidades de participación, mini 15k de 7,5km; e 15k de 15km.  

 A proba cumpre a súa décima edición este ano e por iso a organización conta con novidades e sorpresas para todos e todas as participantes.   

 A primeira novidade é que para que poida participar moita máis xente, este ano haberá unha distancia intermedia de 7,5 km con saída e chegada en Portecelo (O Rosal). Amáis durante o percorrido contarase con animación a cargo de grupos e charangas.   

 Lembrar que a 15K do Atlántico ten un espectacular percorrido entre Oia e A Guarda, pasando polo concello do Rosal, e bordeando sempre as augas do Atlántico, espectador de luxo deste evento deportivo.   

 A cita, que nesta ocasión será o 1 de outubro, foi medrando ano tras ano, superándose os 600 atletas chegados de toda Galicia, norte de Portugal e do resto da península ibérica.    

 Oferta de lanzamento ata o 16 de xullo, inscricións en  https://www.deporticket.com/web-evento/8730-15k-del-atlantico-banco-mediolanum 

Ningún comentario:

Publicar un comentario