A Casa dos Alonso acolle a exposición “Catro médicos pintores en A Guarda”
• Poderá visitarse ata o 31 de xullo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00h.
Infogauda / A Guarda
Vén de inaugurarse na Casa dos Alonso a exposición de pintura “Catro médicos pintores en A Guarda”, que aglutina diferentes obras pictóricas de catro compañeiros de profesión que comparten tamén a súa paixón pola arte.
Na mostra pódense observar diferentes maneiras de entender e plasmar as variadas percepcións dos seus autores: Leopoldo García, Pablo Galego, Jesús Vázquez e Tino Cuesta.
Catro estilos totalmente diferentes e persoais que van dende o deseño dixital ata a abstracción, pasando pola colaxe, a arte conceptual ou o expresionismo.
Unha ampla mostra de cadros que van dende o pequeno formato ata o mediano, nos que foron aplicadas técnicas diversas e con chamativas cores.
A exposición “Catro médicos pintores en A Guarda” estará aberta ao público ata o 31 de xullo de 9:00 a 14:00h, de luns a venres.

Ningún comentario:
Publicar un comentario