21 de xul. de 2023

A GUARDA

Rastro en favor de FoGaReS SaNXe   

A fin de semana 22 e 23 de xullo a Asociación San Xerome Emiliani organiza un Rastro en favor do proxecto FoGaReS SaNXe. 




Asociación San Xerome Emiliani / A Guarda

 FoGaReS SaNXe é un proxecto innovador da Asociación San Xerome Emiliani e prevé a construcciónde 30 fogares inclusivosen o Antigo Colexio das Carmelitas para dar apoio a 60 persoas con discapacidade intelectual da comarca do Baixo Miño, onde poderán vivir de forma autónoma cos apoios necesarios. 

 No Rastro podedes atopar libros de todas as categorías (infantil, xuvenil, romance, historia etc.), diferentes obxectos antigos e de colección, xoguetes infantís, mesas de cristal, de mármore e de madeira, mobles funcionais,xoiería, xogos de café, obras de arte e moito máis... Os obxectos do rastro teñen un prezo económico para que a xente poida facer unha doazón e así estar á beira do proxecto. 

 O sábado 22 de xullo ás 20:00h, no espazo do rastro, poderase participar na presentación da exposición “Abstracción”do artista Tino Riveiro en favor de FoGaReSSaNXe e mirar algunhas das súas obras en directo. Aos asistentes ofreceráselles un aperitivo durante a presentación das obras. 

 A exposición está dispoñible tamén na internet https://tinoriveiro.com/ 

 O rastro terá lugar na Tenda Atalaia da Asociación desde as 10:00h ata as 21:00h e estará aberta tamén na semana os seguintes días 26, 27,28 de juliode 9:00h a 17:00h. 

 Para máis información poñerse en contacto + 34 658 89 18 58 ou coa Asociación 986 61 37 19. 

 Tamén escribindo a dona@sanxerome.com

 Contacta connosco para calquera información adicional. http://fogares.sanxerome.com/ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario