Abstracción
Exposición de obras en favor de FoGaReS SaNXe
Asociación San Xerome Emiliani / A Guarda
A Asociación San Xerome Emiliani colabora co artista de A Guarda Tino Riveiro, que realizou unha exposición de obras na rede (https://tinoriveiro.com/) onde parte da venda será doado ao proxecto FoGaReS SaNXe.
Tino Riveiro é un pintor español multidisciplinar nacido en Vigo. As súas pinturas acrílicas sobre cartón datan de 1994 e as súas primeiras pinturas ao óleo sobre lenzo son de 1996. As súas exposicións foron sempre a través de encontros máis ou menos privados organizados por colaboradores no seu estudo de Vigo, aínda que nos últimos anos participou en varias mostras colectivas, principalmente en Galicia e Andalucía. Debido ás súas estancias fóra de Galicia, principalmente en Mallorca e provincia de Málaga, os seus cadros están colgados en múltiples casas e coleccións particulares de España, aínda que algúns tamén viaxaron a Alemaña.
A obra de Tino Riveiro, os seus esforzos por atopar novas formas de expresión dentro da pintura, pódenos parecer hoxe día problemáticos, caprichosos, ou mesmo inexplicables. Con todo no caso de Tino Riveiro, pódese rastrexar, igual que nalgún outro artista, razóns de predisposición natural que poñen en evidencia unha motivación interior, un auténtico e irrefreable impulso creador.
“Hei de admitir que neste momento xa non é tan necesario para min recorrer á abstracción para liberar procesos catárticos, vese que aquelas tormentas xa pasaron, e como testemuño daquela época permanecen estas pinturas”, afirma Tino Riveiro.
O grupo de escritura da Asociación está a realizar poemas por cada obra que está exposta na Asociación San Xerome. O primeiro poema chámase “O ollo do futuro”.
O sábado 22 de xullo ás 20:00h estades todos convidados a participar na presentación da exposición Abstracción, de Tino Riveiro que terá lugar na Asociación San Xerome.
Algunhas das obras da exposición pódense ver na entrada da Asociación San Xerome Emiliani de luns a venres desde as 9:00 ata as 17:00.
A exposición está dispoñible na internet https://tinoriveiro.com/
Para máis información poñerse en contacto co artista Tino Riveiro + 34 658 89 18 58 ou coa Asociación 986 61 37 19.
Tamén escribindo a dona@sanxerome.com.
A Asociación San Xerome, de A Guarda (Pontevedra), promovida por nais e pais de fillos con diversidade intelectual, está todos os días á beira das persoas con diversidade intelectual, favorecendo o seu crecemento persoal para que poidan realizar os seus proxectos de vida.
Por iso nace o proxecto: FoGaReS SaNXe. É un proxecto innovador da Asociación San Xerome Emiliani e prevé a construción de 30 fogares inclusivos para dar apoio a 60 persoas con discapacidade intelectual da comarca do Baixo Miño, onde poderán vivir de forma autónoma cos apoios necesarios.
Contacta connosco para calquera información adicional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario