17 de xul. de 2023

A GUARDA

Últimos días de inscricións para participar na III Mostra Creativa do Baixo Miño  

O Concello de A Guarda, xunto a un grupo de artesáns e creadores/as do Baixo Miño, organizarán por terceiro ano consecutivo ese evento, que terá lugar o sábado 29 de xullo, na praza de Avelino Vicente 

Poderán participar persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca. A inscrición será de balde e estará aberta ata o día 27 de xullo.   




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.   

 Ao igual que o ano pasado, a III Mostra Creativa do Baixo Miño coincidirá en data coa Festa do Peixe Espada, polo que existirá unha programación de actividades conxunta e que complemente a ambos eventos. 

 Desde o Concello queren agradecer a boa disposición para sumar esforzos de OR.PA.GU. e establecer lazos de colaboración.  

 Asemade, invitan a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar a que revisen as bases publicadas no taboleiro de anuncios, cubran a ficha de inscrición e a envíen ao correo electrónico mostracreativabm@gmail.com  

 Xa son máis de 20 os inscritos para esta terceira edición, entre eles:  Acontravento (roupa), Anxo Ferreira (cantería), Vikensen (madeira), Merino Coqueta (Fieltro e lá), Little Vero (roupa), Vargas Lemos (xoieria), Mar.jewelrin (xoieria), Coco bisutería (xoieria), Sapone di Principesca (cosmética natural), É Fish (xoieria), Marina Alonso San Miguel (ilustracións), Sapoconcho (ilustracións), Tullavecord accesorios (en madeira, resina, etc.), Cuchituras design (accesorios para o pelo), La Casa Taller (pintura), Pazosketchbook (pintura), Luc&Luc (roupa), Sil Domínguez (roupa),  Breaktime (Ilustración sobre prendas) e Lana (Amigurumis).  

 Un dos obxectivos da iniciativa, que tivo a súa primeira convocatoria no 2021, é acadar que a mostra se poda consolidar como un evento de referencia e con periodicidade anual onde mostrar o gran talento que temos no Baixo Miño. Por iso, desde á organziación convidan a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar a que aproveiten os últimos días que restan de inscrición e cubran a ficha de inscrición e a envíen ao correo electrónico mostracreativabm@gmail.com  

PROGRAMACIÓN 

Sábado 29 de xullo de 10:30h a 15:30h e de 18:30h a 22:00h 

11:00h – Obradoiro infantil con caricaturista.* 

13:30h – Pasacalles co grupo de música tradicional Trebón dos Xidos, dende a praza de Avelino Vicente ata o Porto.* 

18:30h – Obradoiro infantil de xoguetes realizados con materiais de refugallo a cargo de Diviertte 

19:30h – Concerto de Rock&Roll de Castro & Los Escoltas 

*Actividades integradas na Festa do Peixe Espada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario