A XXXI FESTA DA LAGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA, UN EVENTO PLENO DE SABOR A MAR
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Coas intervencións do alcalde, do concelleiro de Turismo e do conselleiro de Pesca, unha nova edición - a XXXI - da Festa da Lagosta e da Cociña Mariñerira botou a andar na tardiña de onte na praza do Reloxo, da vila de A Guarda.
Da presentación do pregoeiro - o actor e humorista David Perdomo - ocupouse Manuel Santos González, veterano neste tipo de actos.
Diante dunha audiencia formada maioritariamente por persoas veciñas da vila e tamén visitantes, o alcalde deu á benvida a toda a concorrencia, agradecendo súa presenza, así como á das representacións oficiais - entre as que se atopaba o conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez; e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustin Reguera Ocampo -, para a continuación facer unha loanza ao pobo de A Guarda e seus atractivos, que son moitos e incomparables.
O evento, que contou con varias actuacións do grupo de música tradicional da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), tamén foi escenario da homenaxe a Asociación San Xerome Emiliani, de cuxo labor falou, en síntese, Fernando Reyes González, concelleiro de Turismo, que faría entrega da Lagosta de Honra - realizada por Cuqui Piñeiro - a unha representación de asociados, usuarios e equipo técnico de San Xerome, que recibiron dos asistentes, os maiores e merecidos aprausos da tarde.
A parte máis distendida correu a cargo do actor, director, guionista e humorista David [Lendoiro] Perdomo (A Coruña, 18.12.1979), que ao longo da dúa actuación - en galego, castelán e koruño - logrou divertir ao respectable público, e mesmo a propoñer que a praza do Reló - como habitualmente se adoita decir na fala coloquial guardesa - se chame praza do Reloxo, como corresponde en galego normativo.
Rematado o acto, autoridades municipais e acompañantes, sairon ao son do grupo de música tradicional da AGADIC, en dirección ao Portiño Novo, onde baixo unha ampla carpa instalada ao efecto, daba comezo na práctica a XXXI Festa da Lagosta e Cociña Mariñeira. Nese recinto, dotado pranchas de cociña, mesas e cadeiras, é onde catro restaurantes e unha confeitería de A Guarda, así como unha adega de viños do Rosal, atenden aos centenares de visitantes que nesta fin de semana se acheguen ata á vila guardesa para gozar dunha ampla selección de productos do mar. Desde a lagosta - a emperatriz dos nosos mares, como a cualificou o alcalde Roberto José Álvarez Carrero - a plancha ou cocida, ata os percebes, mexillóns, nécoras, zamburiñas, polbo,...
As suxestións son aptas para todos gustos e tamén, para todas as economías.
E ademáis deses saborosos productos, hai sobremesas como a rosca de xemas de A Guarda, e outras doces propostas para deleitar os padais.
Actuacións en vivo, mostra de artesanía - na rúa do Porto - e paseos no volanteiro guardés "Piueiro", completan á ampla programación da XXXI Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, de A Guarda, festa de interese turístico de Galicia, que ten nas xornadas de hoxe sábado e de mañá domingo seus días máis intensos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario