REMO
O CLUB DE REMO ROBALEIRA, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRAINEIRIÑAS
• Na categoría xuvenín féminas
Foto: C.R. Robaleira
Ricardo Rodríguez Vicente / Deportes
Este domingo día 4 de xuño, en augas de Meira (Moaña), disputouse o LXXVI Campionato de España de Traineiriñas. Nese evento, a tripulación xuvenil feminina do Club de Remo Robaleira, logrou impoñerse as tripulacións dos clubes Círculo Deportivo Cultural Cesantes e Club de Remo Valle de Camargo, de Cantabria que foron as rivais máis directas, xunto coa tripulación do Club de Remo Chapela, nunha regata rebosante de emoción.
O magnífico traballo realizado pola tripulación xuvenil feminina do Club de Remo Robaleira, de A Guarda, ao longo desta temporada, fixo posible que a bandeira do Campionato de España de Traineiriñas viñese para á sede da entidade guardesa, motivo polo cal ben merecen os parabéns de toda á cidadanía por ese novo logro deportivo, que é todo un orgullo para elas, para o equipo técnico, xunta directiva, familiares das deportistas e seareiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario