Xuntanza de vela da Pasaxe
• O Clube Fluvial Vilacondense foi o gañador
Héctor Carrero / A Pasaxe (Camposancos)
Celebrouse a décimo quinta edición da regata denominada Xuntanza de vela da Pasaxe, organizada polo Club Deportivo Alagua, en colaboración coa Real Federación Galega de Vela. Ao evento asistiron tanto deportistas locais como do Liceo Marítimo de Bouzas e Clube Fluvial Vilacondense, sendo este último o gañador da proba na categoría absoluta.
O comité de regatas preparou un campo barlovento-sotavento nas inmediacións de A Pasaxe, onde se disputaron dúas mangas das tres previstas, xa que o vento foi baixando a súa intensidade ao longo da tarde.
Unha vez acabada a competición a organización preparou unha merenda-cea para os regatistas e os seus acompañantes e procedeuse a entrega de trofeos. Esta é a primeira regata desta tempada do Club Deportivo Alagua, deixando bo sabor de boca para a próxima competición prevista para o 15 de xullo, data na que se celebrará a edición do XIV Cruceiro do Miño.

Ningún comentario:
Publicar un comentario