10 de xuño de 2023

DEPORTES

 ATLETISMO

Os benxamins da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, triunfan no provincial escolar de Xogade de pista ao aire libre 2023, de Pontevedra

Dobrete (ouro e prata) para Nadia Conejo Bascoy, e bronce para Alan de la Fuente Maculewicz


                                          Podio de Nadia Conejo Bascoy - no centro - da proba de 400 m.l.

Podio de Nadia Conejo Bascoy - a esq. - da proba de lanzamento de pelota
Podio de Alan de la Fuente Maculewicz - á der. - na proba de 400 m.l.


 Informa: Sociedade Atlética do Trega

 Hoxe as pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra, acolleron a fase final de Xogade da provincia, na categoría benxamín, onde  os máis destacados da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, foron a guardesa Nadia Conejo Bascoy e o tomiñés Alan de la Fuente Maculewicz

 A atleta feminina, conseguiu dous metais, un ouro nos 400 metros lisos e o título de campioa provincial 2023 cun rexistro de 1´16"69, facendo mellora na súa mellor marca persoal. E en lanzamento de pelota (200gr) logrou lanzar 15 metros 95 centímetros, o cal lle levou a gañar medalla de prata e o subcampionato. 

 E para terminar a xornada, o tomiñés Alan de la Fuente Maculewicz parou o crono en 1´12"24, mellorando tamén a súa mellor marca persoal nuns 4", e fíxose co bronce na proba dos 400 metros lisos.

 Felicidades!

Ningún comentario:

Publicar un comentario