12 de xuño de 2023

A GUARDA

A Guarda xa ten todo preparado para unha nova edición da “Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira”  




Infogauda / A Guarda

 A localidade de A Guarda acollerá os próximos días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo a súa tradicional “Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira”. Este evento, que acadará este ano a súa XXXI edición, é a primeira cita gastronómica de prestixio da tempada de verán en Galicia. Se a iso lle sumamos a súa catalogación como Festa de Interese Turístico de Galicia, obtense unha fórmula de éxito, que, ano tras ano, congrega a centos de visitantes ao redor dos diferentes pratos e especialidades, elaborados por restaurantes desta vila.  

 Aínda que a estrela desta festa é a lagosta, os visitantes poderán degustar moitas outras especialidades típicas nas que o denominador común é a calidade dos produtos ofertados. Ademais das diferentes propostas gastronómicas, todos aquelas persoas que nesas datas se acheguen ata A Guarda, poderán desfrutar, dentro do programa desta festa, dun completo e atractivo repertorio de actividades lúdicas e culturais, que fará as delicias dos maiores e tamén dos máis pequenos.  

 Por último, aqueles que aínda lles quede un pouco de tempo entre prato e prato, os concertos e as actuacións previstas, poderán descubrir os recunchos que agocha esta fermosa vila mariñeira chea de encanto, natureza e historia,

Ningún comentario:

Publicar un comentario