FÚTBOL
O SPORTING GUARDÉS XUVENIL DISPUTARÁ O ENCONTRO DE VOLTA DA FINAL PARA O ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL
Será o sábado día 10 de xuño, ás 6 da tarde, no Estadio Municipal A Sangriña
Ricardo Rdríguez Vicente / A Guarda
O Sporting Guardés xuvenil ten por diante o partido deste próximo sábado día 10 de xuño, ás 18:00h no Estadio Municipal A Sangriña, onde se xoga o ascenso a Liga Galega Xuvenil.
Trátase do partido de volta, xa que a final é a dobre partido (no encontro de ida o Sporting Guardés perdeu por 1-0), polo que agora toca remontar ese resultado.
Nin que decir ten que este sábado o Estadio Municipal A Sangriña vai ter o ambiente dos “partidos importantes", cunhas bancadas practicamente cheas de seareiros, fundamentais para animar ao equipo de A Guarda cara á unha victoria que permita acadar o obxectivo do ascenso a Liga Galega Xuvenil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario