Novos cursos de informática este verán na Aula CeMIT de A Guarda
• Información e inscricións no Centro Cultural en horario de mañá, no teléfono 986 611 850 e no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal
Infogauda / A Guarda
A Aula CeMIT de A Guarda reinicia a súa actividade realizando tres novos cursos de informática este verán: manexo do ordenador e internet; editor de texto; e informática para crianzas (10-15 anos).
Todas aquelas persoas que estean interesadas poden solicitar máis información e inscribirse na Aula CeMIT, no primeiro andar do Centro Cultural en horario de mañá, chamando ao teléfono 986 61 18 50 ou no enderezo de correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal
O curso de manexo do ordenador e internet realizarase os luns, mércores e venres en dúas quendas de 10:30 a 12:00h, e de 12:00h a 13:30h. O curso de editor de texto realizarase os martes e xoves en horario de 10:30 a 12:00h. E o curso de informática para crianzas (10-15 anos) terá lugar os martes e xoves en horario de 12:00 a 13:30h.
Todos os cursos son de balde e, debido á limitación de aforo e a demanda, poderán realizarse varias quendas.
Sobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT) da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as Tecnoloxías de Información e as Comunicacións (TIC) e a Sociedade da Información na nosa comunidade, e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-Inclusión, benestar e a e-Administración (Administración electrónica)..
Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.
O concello de A Guarda manten a Aula CeMIT en funcionamento grazas a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario