9 de xuño de 2023

A GUARDA

O concello de A Guarda substituíu as luminarias do campo de fútbol da Sangriña por outras de tecnoloxia led  

O importe destas obras ascendeu a 47.547,26€  facéndose cargo o IDAE do 80% e o Concello de A Guarda do importe restante. 

 

Izado dunha das torres que soportan luminarias no campo municipal de fútbol A Sangriña
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O concello de A Guarda vén de rematar as obras de substitución das luminarias do campo municipal de fútbol da Sangriña.  

 Estas actuacións foron froito do convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e concello de A Guarda dentro do proxecto IDAE con cargo a fondos FEDER denominado iluminación exterior sostible. O cambio de luminarias  permitirá baixar a potencia de 20 KW a 13 KW e conseguirase un aforro  enerxético estimado do 47%.  

 O importe destas obras ascendeu a 47.547,26€  facéndose cargo o IDAE do 80% e o concello de A Guarda do importe restante.  

 Ao mesmo tempo o concello de A Guarda, con fondos propios, levou a cabo a substitución das torres que soportan as luminarias por atoparse as mesmas en un estado de deterioro importante.

 Por outra banda o concello procedeu a renovación do peche frontal do campo de fútbol da Sangriña.

 Este investimento en aforro enerxético  e  nunha economía baixa en carbono, vénse a sumar a outras actuacións no mesmo sentido levadas a cabo polo concello guardés  nos últimos tempos como son as materializadas nos Bens de Interese Cultural (BICs) da Fortaleza de Santa Cruz e Monte Santa Trega, e o cambio de luminarias na práctica totalidade do concello.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario