A Guarda acollerá o I Tándem e Cociña Internacional para a mocidade
• O vindeiro sábado día 10 de xuño de 2023 en horario de 10:30 a 13:30 no centro San Xerome Emiliani
Infogauda / A Guarda
O sábado día 10 de xuño de 2023 en horario de 10:30 a 13:30 no centro San Xerome Emiliani terá lugar o I Tándem e Cociña Internacional para a mocidade en A Guarda, o cal se organizou coa finalidade de crear un espazo de ocio para as persoas voluntarias que actualmente se atopan traballando no noso municipio e á rapazada do pobo.
Neste encontro realizaranse diversas actividades fundamentalmente un Taller de Cociña no que realizarán e se degustarán diversas receitas italianas, ucranianas e españolas.
PROGRAMA DO ENCONTRO
10:30 – 10:45
Recepción e benvida dos participantes.
10:45 – 11:30
Dinámicas de presentación.
11:30 – 12:00
Presentación dos proxectos das persoas voluntarias coa realización dunha microobra.
12:00 – 13:30
Taller de cociña internacional e degustación das receitas elaboradas polos propios participantes.
O encontro é totalmente gratuíto.
Dende o Concello de A Guarda animámosvos a participar!
Non é preciso inscrición previa.
Para máis información dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de A Guarda, no enderezo informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 610 000 extensión 7.
Neste encontro colaboran o Concello de A Guarda e as asociacións San Xerome Emiliani e FOCO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario