CIG-Saúde de Vigo denuncia o fracaso da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo para reter ás persoas que rematan a súa formación como Especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria.
Só 6 dos 21 residentes da especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria que rematan a súa formación en Vigo traballará en Atención Primaria, en consulta ou en PAC.
CIG-Saúde da Comarca de Vigo
13 dos 21 traballarán en Urxencias Hospitalarias, 9 en hospitais galegos e 4 de fora.
O feito de que 13 prefiran traballar en Urxencias Hospitalarias reflicte a situación de precariedade e sobrecarga na que se atopa a Atención Primaria na nosa Área Sanitaria.
Resulta especialmente incomprensible que, neste ano, tendo o escenario de falta de profesionais nos Centros de Saúde e nos PACs que temos, non se tomaran medidas concretas para ofertar contratos estables e de calidade ás persoas que rematan a súa formación.
CIG-Saúde da comarca de Vigo denuncia a falta de compromiso da Xerencia de Vigo coa Atención Primaria e esixe que se oferten contratos estables e de calidade.
CIG-Saúde esixe á Consellería de Sanidade que se desboten as ofertas de prazas da nova categoría de Facultativo Especialista de Atención Primaria, que penalizan as condicións de traballo, xa que obrigan a facer unha dobre prestación en centros de saúde e nos PACs, e se aposte polo modelo de Atención Primaria que vimos desenvolvendo desde o ano 2003, con persoal da categoría de Medicina de Familia con posto de traballo en centro de saúde ou en PACs.
Ningún comentario:
Publicar un comentario